Tiempo en movimiento  4 horas

Coordenadas 3176

Fecha de subida 21 de junio de 2020

Fecha de realización junio 2020

-
-
1.211 m
810 m
0
4,5
9,0
18,04 km

Vista 35 veces, descargada 1 veces

preto de Melón, Galicia (España)

Unha camiñada máis por esta ruta que nunca defrauda. É un percorrido con certa dureza polo desnivel e tamén o pode ser pola climatoloxía, tanto se vai calor coma en días de mal tempo.
O acceso non é difícil por estar a pista asfaltada con motivo da canteira que toparemos na volta. Déixase o coche onde un pequeno regato e xa comeza a subida bastante dura e longa ata unha subestación eléctrica dos xeradores eólicos. Prosegue a subida xa dende unha altura na que se dominan importantes panorámicas sobre o val do Miño. (Neste día, xustamente, non se podía gozar das vistas por mor da néboa). Hai unha baixada e volta a subir...
Na parte alta atoparemos pequenas matas de piñeiros maltratados polos elementos, especialmente a neve, pero moi bonitos. Tamén destacan as rochas graníticas desgastadas polo tempo. Normalmente nestas zonas atoparemos gado solto: vacas ou cabalos.
Na cima do Faro instalaron non vai moito uns elementos para marcar o interese deste sitio para a observación das estrelas (un gastamento de -moitos- cartos con pouca utilidade ou ningunha para a xente). En todo caso, dende este alto albíscase un extensísimo territorio, mesmo ata as Illas Cíes.
Ao abrigo da cima dispomos dun refuxio construído pola Comunidade de Montes de Prado (O Covelo) ben xeitoso, sobre todo cando non está emporcallado por algúns usuarios que así se autodefinen. Todo sinalizado.
A volta realízase en parte polo mesmo camiño para en certo punto diverxer cun itinerario circular. Aínda que é unha pista ben visible, é conveniente levar o track no teléfono ou telo estudado previamente. Seguimos un treito que vai aumentando a subida ata comezar logo o descenso acaroando a canteira Minera de Rocas. Parte desta baixada realízase por un camiño que sae á esquerda dos últimos eólicos, para logo chegar á pista da canteira e retornar ao comezo.
Nesta ocasión non poño moitas fotos por estar o día de néboa. Nesta outra puxen algunhas: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/outra-vez-polo-faro-de-melon-ou-de-avion-31994100
parquing

Foto no comezo

Artístico espantallo.
foto

Cabalos onda a subestación.

árbol

Piñeiros

Información

Sinal

panoramica

Miradoiro

refugio libre

Refuxio

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta