Descargar

Distancia

21,93 km

Desnivel positivo

514 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

691 m

Altitud máxima

1.159 m

Trailrank

42

Altitud mínima

569 m

Trail type

Solo ida

Tiempo en movimiento

4 horas 56 minutos

Tempo

6 horas un minuto

Coordenadas

4126

Fecha de subida

29 de julio de 2020

Fecha de realización

julio 2020

Navegación Outdoor

Guíate por millones de rutas al aire libre desde tu móvil. ¡Incluso offline!

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Navegación Outdoor Navegación Outdoor
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
1.159 m
569 m
21,93 km

Vista 94 veces, descargada 0 veces

preto de Melón, Galicia (España)

Travesía dende a parte de Melón ata a aldea da Serra, no concello de Leiro. É preciso contar con transporte auxiliar (dous coches...) Para chegar ao inicio, é preciso coller a N-120 (desvío dende a A-52 a Melón ou dende A Caniza). Xusto no límite entre as provincias de Ourense e Pontevedra hai un desvío indicado cara a Cortella e tamén Minera de Rocas (canteira) Seguir as indicación para a canteira ata chegar a un regueiro onde podemos deixar o coche. Comezamos a camiñar por unha pista que sae cara a esquerda, é unha pista dos eólicos que vemos xa nas cimas. Xa dende o comezo, e incrementándose, é bastante costenta. A media (primeira) subida atopamos unha subestación e rodeámola para continuar pola pista. A todo o longo do percorrido hai distintas derivacións cara os distintos aeroxeneradores. En día claro non hai problema para ver cal é a principal que debemos seguir pero con néboa pode ser moi complicado non meterse cara os distintos muíños!
Todo ao longo da corda cimeira gozamos dunhas magníficas panorámicas do val do Miño (mesmo a cidade de Ourense), a zona do Carballiño, o val do Tea, etc.
A uns 8 quilómetros de ruta, atopamos un refuxio da Comunidade de Montes de Prado (O Covelo, Pontevedra). Un lugar acaído para repousar, comer a merenda ou mesmo facer noite. Case sempre ten auga conducida dende o monte pero sen tratar, obviamente, pero pode estar seca na forza do verán. Hai un pequeno regueiro a carón, moi escaso tamén.
A pouca distancia chegamos ata o alto do Faro (1155 m). As vistas dende aquí son estupendas. En días claros vese ata as illas Cíes sen dificultade. Por outra parte, é un lugar de observación de estrelas, escusa para gastar uns cartos en elementos "decorativos" de escasa utilidade para tal angueira...
Continuamos a ruta polas pistas ata comezar a baixada cara o curro das Laceiras. Aquí hai auga, aínda que neste día estaba a cancela pechada (hai unha pequena para a ocasión) porque tiñan gado pechado para sanealo. Aquí hai unha área con mesas por se queremos comer (a zona non está coidada). Sinto non ter posto un waipoint aquí!
O resto do camiño segue ofrecendo fermosas vistas aínda que se vai facendo máis pesado polo xa andado. En chegando a aldea da Serra, miramos unha pequena eira de cabaceiros e pouco máis. Xa coller o vehículo de regreso.
A ruta é dura en días moi solleiros (comezar cedo!) ou con mal tempo. Con neve é espectacular pero queda a criterio de cadaquén avaliar as súas posibilidades.
Como queda dito toda a ruta discorre por pistas de terra. Considéroa moderada aínda que ten bastante desnivel. Non sería aconsellable para persoas non afeitas a este tipo de rutas.
Parquing

Comezo

  • Foto de Comezo
Monumento

Subestacion

  • Foto de Subestacion
  • Foto de Subestacion
  • Foto de Subestacion
Foto

Eólicos

  • Foto de Eólicos
Refugio de montaña

Refuxio

  • Foto de Refuxio
  • Foto de Refuxio
Cima

Miradoiro do Faro. Cima

  • Foto de Miradoiro do Faro. Cima
  • Foto de Miradoiro do Faro. Cima
  • Foto de Miradoiro do Faro. Cima
  • Foto de Miradoiro do Faro. Cima
  • Foto de Miradoiro do Faro. Cima
  • Foto de Miradoiro do Faro. Cima
Intersección

Fronte

  • Foto de Fronte
  • Foto de Fronte
Monumento

Serra

  • Foto de Serra
  • Foto de Serra

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta