Descargar

Distancia

2,31 km

Desnivel positivo

27 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

60 m

Altitud máxima

93 m

Trailrank

12

Altitud mínima

50 m

Trail type

Solo ida

Coordenadas

85

Fecha de subida

12 de septiembre de 2015

Fecha de realización

septiembre 2015

Filtros Avanzados

Filtra por mes o fecha de grabación. Encuentra rutas solo de personas a las que sigues.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Filtros Avanzados Filtros Avanzados
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
93 m
50 m
2,31 km

Vista 382 veces, descargada 3 veces

preto de Viñas, Galicia (España)

A derradeira parte de "Feísmos?" (www.feismos.eu) ten lugar no barrio coruñés da Agra do Orzán. Acompañádenos neste roteiro interactivo pola zona con texto, fotografías e vídeos, premendo nos puntos de interese. Escollede a vosa ruta, non ten perda!
Waypoint

Praza das Conchiñas



https://youtube.com/watch?v=7bBBGxwJcOg

A praza das Conchiñas é un dos poucos espazos públicos do barrio. O espazo foi salvado da especulación pola veciñanza organizada, que plantou nel unha serie de árbores en sinal de protesta. Unhas árbores que foron cortadas na recente remodelación da praza para construír un aparcadoiro subterráneo. Amelia, veciña do barrio e participante naquela acción reivindicativa, cóntanos a historia.
Waypoint

Rúa Barcelona



Esta popular rúa converteuse no centro comercial da zona logo da súa peatonalización, a principios dos 90. Na actualidade, representa a superficie de espazo público máis grande do barrio, con 8.500 m2. Un espazo conseguido logo de anos de reivindicacións veciñais, e non exento de disputas entre a propia veciñanza. A Barcelona foi a primeira rúa peatonalizada nos barrios da Coruña, e ao éxito da iniciativa seguíronlle outras, como a dos Mallos ou A Gaiteira.
Waypoint

Patios interiores



Nun barrio con 1m2 de espazo público por cada tres habitantes, moi lonxe dos estándares da lei vixente, hai grande número de patios interiores que poderían ser aproveitados para axudar a paliar este problema. A súa conversión en espazos públicos a determinadas horas do día para ampliar lugares de xogo e esparcimento é unha das propostas incluídas no estudo A Cidade dos Barrios, premiado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Waypoint

Centro Ágora



O centro Ágora supuxo a creación do primeiro centro sociocultural público do barrio. A pesar da calidade das súas instalacións, a súa localización, fóra do núcleo do barrio debido á falta de espazo neste, supuxo certa deslocalización da oferta cultural e unha oportunidade perdida para dinamizar o distrito.

Imaxe: Diariodesign.com
Waypoint

Agramela-Visma



https://youtube.com/watch?v=mdQpbmHf4GE

O lugar da Agramela, na parroquia de San Pedro de Visma, é un dos poucos espazos do municipio da Coruña onde os usos rurais da terra aínda se manteñen. Unha realidade ameazada por un polígono de vivendas.
Waypoint

Parque do Observatorio



https://youtube.com/watch?v=MDsV9WsjHrg

Na Agra do Orzán, barrio cunha alta densidade de poboación e carencias de espazo público, existen máis de 30.000 m2 sen edificar, encerrados entre muros e descoñecidos para boa parte dos veciños.
Waypoint

Casas antigas



En varias rúas da Agra do Orzán aínda se pode observar a factura das primeiras casas do barrio. As edificacións eran de planta baixa ou de dúas plantas e contaban con espazos de horta. Hoxe, as casas de aqueles que non quixeron vender quedaron enterradas entre grandes bloques, con dificultades mesmo para recibir a luz do sol. Fican como testemuña de que as cousas se puideron facer doutro xeito.





Waypoint

Muíño da Agramela



Nos mapas antigos, a cidade da Coruña aparece representada en moitas ocasións coas aspas dun muíño de vento. Estas construcións moían o trigo que se cultivaba na zona e que logo era vendido na praza da Fariña (hoxe praza de Azcárraga).

O último dos muíños de vento en ser derrubado foi o da Agramela, que xa estaba alí, no mínimo, en 1859. Foi destruído no ano 84 por ser un estorbo para o tráfico e para a construción. No lugar, xunto á praza das Conchiñas, hoxe hai máis edificios. As pedras do muíño foron depositadas no parque de Santa Margarida, onde pasaron case 30 anos. Hoxe descansan nun almacén municipal.

Imaxe: La Voz del Agra

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta