Coordenadas 143

Fecha de subida 3 de diciembre de 2017

Fecha de realización diciembre 2017

-
-
1.484 m
972 m
0
6,1
12
24,31 km

Vista 142 veces, descargada 0 veces

preto de Queixa, Galicia (España)

Imos cara o Concello de Chandrexa. Na misma cola do embalse sae una pista de terra cara a Ferrería. Os que teñen un coche normal deben deixalo pasado 1 km onde encontramos á dereita una área de descanso. Seguimos andando e con tre km máis estamos na Ferrería. Subimos por una senda na que encontraremos un bosque variado e moi ben conservado. Chegamos ó alto do cordal e imos bordeando o Vidueiral de Montederramo polo lado sul. Chegamos perto da cima da Serra de San Mamede e iniciamos por una pista una lixeira baixada con unas vistas espectaculares. Desgraciadamente tamén vemos os estragos que recentemente fixo o lume.
Nun determinado punto iniciamos a baixada cara a Hedreira, lenta e espectacular.
Poir estes camiños viñan cara fináis dos anos 40 os últimos máquis da nosa provincia. O seu cuartel Xeral estaba no Balneario, que era cómo eles lle chamaban á Hedreira. É este lugar un paraíso no medio da Serra de Queixa. Varios ríos se xuntan alí.
Ós que vos interese este tema recoméndovos o libro titulado A Edreira, de José Domínguez González. 200 páxinas que impresionan.
Despois de visitar o lugar collemos outra pista, que recorrendo o estreito val do Río da Hedreira nos levará en 6 km cara a Ferrería.
Todo una maravilla, sobre todo no outono.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta