Percorrido moi atractivo polas fragas e aldeas do val do Navea.
Comezamos xunto ao miradoiro da Ponte Navea, nun tramo antigo da OU-536. O motivo de comezar aquí e o de rematar en baixada. Feita seguindo esta:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pena-folenche-ponte-navea-a-fraga-pena-folenche-17397868 De primeiras, andamos por un camiño ampro e paralelo ao río para comezar logo a subir, atravesar a OU-536, e ascender cara as aldeas de San Xulián, Mouruás, Domecelle e por último a capital municipal, San Xoán de Río. En xeral estas aldeas mostran un alto grao de despoboamento pero están bastante coidadas e teñen fermosos recantos.
Comeza logo o descenso pola fraga, coincidindo precisamente coa Ruta da Fraga, e seguindo a continuación cara ao río Navea, preto do punto de comezo. Unha vez atravesado o Navea pola ponte antiga da estrada OU-536 comezamos unha dura subida polo monte complicada por un trebón. NON É ACONSELLABLE subir por aquí en días de mal tempo. En días bos sería máis doado porque a vexetación non é moi mesta debido a que as árbores non deixan medrar mato debaixo. Alcanzamos unha pista que conduce aos sequeiros e á aldea de Pena Folenche. Esa mesma pista é a que utilizaremos para a baixada ata a Ponte Romana do Navea, o punto de inicio/fin.
Os sequeiros (construcións para secar as castañas e tamén residencia temporal dos colledores) son ben bonitos e algúns de bo tamaño. Están en estado de ruína progresiva; unha mágoa.
Pena Folenche está nun alto e nun bolo de grandes dimensións que a coroa hai un miradoiro con vistas sobre un amplo territorio, aínda que neste día non se alcanza a ver moi lonxe polas choiva e a nubes baixa. (Motivo para unha nova ruta pola zona...)
Como queda apuntado, gran parte da ruta transcorre por soutos de castiñeiros e touzas de carballos. Resulta polo tanto acaída para días de moito sol pero tamén para días de choiva porque os camiños están limpos (ou transitables). Os soutos que imos vendo son de gran beleza, aínda que o abandono fai facendo prea neles...
A súa certa "dificultade" ven dada polos desniveis acumulados. Porén é accesible para calquera persoa cunha preparación e forma física media. Cada quen que decida por si, claro.
Recomendo esta ruta.
Aclaración: como se pode sospeitar doadamente, o GPS ou a aplicación fallaron en varios puntos.
Comentarios