Tempo  6 horas 54 minutos

Coordenadas 1175

Fecha de subida 28 de octubre de 2015

Fecha de realización octubre 2015

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
365 m
-1 m
0
3,4
6,8
13,7 km

Vista 5512 veces, descargada 244 veces

preto de Teixido, Galicia (España)

Lemos nos carteis que hai na ponte de Santa Cristina, preto do mosteiro:

"O parque sitúase no noroeste de Galicia, entre a coruñesa ría de Ares e os somontes da Dorsal Galega á altura da Serra da Loba. Todo o seu territorio encádrase dentro da comarca do Eume e cinco concellos cédenlle parte da súa superficie a área protexida: As Pontes de García Rodríguez, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume.

Ó igual ca outros ríos galegos, o Eume acusa un notable remozamento no seu tramo final, chegando a descender con pendentes do 12 %, o que propiciou unha dinámica de erosión remontante que dá orixe ó seu abrupto val.

As fragas do Eume constitúen, na actualidade, un dos legados máis valiosos e representativos dos antigos bosques que cubriron o borde litoral europeo. Desde a antigüedade, os bosques situados na costa sufriron importantes transformacións, xa que gran parte da poboación asentouse nas proximidades do mar.

Despois de numerosos séculos de explotación, son escasas as masas forestais que aínda conservan algunha das características dos bosques orixinarios. Killarney en Irlanda, New Forest no Reino Unido, xunto coas fragas do Eume, foron calificados pola súa naturalidade, diversidade e extensión como a mellor representación supervivente daquel sistema.

As fragas acumulan ata 130 especies vexetais que, pola súa rareza, por ser endemismos ou por se atopar fóra da súa área de distribución son consideradas de gran valor no ámbito científico. A árbore máis abundante é o carballo, que domina na meirande parte das fragas. Sen embargo, nas proximidades dos leitos do río o seu liderado vese comprometido sendo máis numerosas outras especies como o ameneiro, o salgueiro ou a abeleira.

As fragas do Eume albergan no seu interior auténticas testemuñas superviventes da historia vexetal galega en forma de fentos como Culcita macrocarpa e Woowardia radicans.

Existen na fraga ata 13 especies de anfibios o que supón máis do 85% das existentes en Galicia. Entre eles destaca a píntega rabilonga, que conta nestas terras coa súa maior poboación coñecida ata o momento. Entre o abundantísimo e pouco coñecido grupo de invertebrados son notables, pola súa rareza, o caracol Elona quimperiana e a lesma Geomalucus maculosus. Sen embargo, cobra especial importancia local a albariña galega, un inquedo e fermoso escaravello que foi visto por primeira vez nesta fraga.

Aproximadamente o 72% das especies de mamíferos superiores de Galicia están representados na fraga. Destacan o corzo e o xabaril pola súa abundancia; sen embargo, tampouco son escasas as poboacións de cervos, lontras e xenetas; e anque, en menor medida, tampouco o lobo é alleo a este parque natural.

Parece que a noite é o momento idóneo para a caza no bosque. Diso dános fe a abundancia de aves depredadoras que buscan o sustento á luz da lúa. Ata 6 especies, desde a pequena avelaiona ata o Gran Duque ou bufo real. Non existe tregua na loita pola supervivencia. Durante o día, outras aves como o azor, o falcón abelleiro, o falcón peregrino e a gatafornela toman o relevo do acoso a pequenos mamíferos, como os leiróns e os furaños.


A dificultade de acdeder á fraga, foi precisamente a calidade buscada por una serie de eremitas para fundar, a finais do séculolo IX, o mosteiro de San Xoán Bautista, na vila de Calavario, nome que deriva da presenza de rochas graníticas. A cronoloxía é a que segue:

Século XI: convértese en mosteiro de cóengos regulares de Santo Agostiño e acolle a todas aquelas persoas que buscan retiro ou a posibilidade de levar una vida santa no illamento da fraga.
Séculos XI-XIII: como moitos outros mosteiros, desde os séculos XI ó XIII, recibe doazóns particulares, entre elas as das familias Traba e Andrade, e sucesivos privilexios reais, chegando a configurar un dominio xurisdicional ó longo de 15 freguesías.
Século XIV: superada a crise baixomedieval, Caaveiro non desaparece, pero a un alto custo, os priores deixan de vivir no mosteiro. Sen embargo, a existencia de vida monástica prolóngase ata 1762. O mosteiro cae baixo a encomenda dos Andrade.
Ano 1800: suprímese a colexiata, anque a estructura económica do señorío, baixo o goberno dun caseiro e dun administrador, mantense ata a desamortización.
Ano 1896: Don Pío García Espinosa, veciño de Pontedeume, emprende, de forma altruista, a restauración das edificacións e durante uns anos retorna a vida monástica. Morto Don Pío, Caaveiro pasa ós seus descendentes.
Ano 1971: o mosteiro é declarado monumento histórico-artístico."

Ver más external

Ampla zona de lecer con mesas a sombra de carballos.
Antiga central hidroeléctrica de Ventureira, xa en desuso.
Acometida da auga a tubería de carga da central hidroeléctrica.
Camiño de baixada a antiga central de Ventureira.
Vieiro entre a central hidroeléctrica de Ventureira e a de Parrote.
Camiño entre a ponte de Santa Cristina e a central de Parrote.
Vieiro con laxas de xisto entre a ponte de Santa Cristina e o mosteiro de Caaveiro.
Canle de auga na antiga central de Ventureira.
Sendeiro de baixada a antiga central de Ventureira.
Casa no que se cocía o pan do mosteiro de Caaveiro.
Residencia dos monxes de Caaveiro.
Central hidroeléctrica no río Eume.
Centro de Interpretación das fragas do río Eume. Recepción dos visitantes.
Punto de inicio do roteiro, na estrada que une Teixido con A Ribeira, no concello de A Capela.
Corda para facilitar un paso difícil.
Corda para agarrarse nun treito de paso complicado.
Cuadras do mosteiro de Caaveiro.
Igrexa do mosteiro de Caaveiro, en ruínas.
Pasarela de madeira para salvar un pequeño rego afluente do Eume.
Pasarela de madeira na desembocadura do río Parrote no Eume.
Pasarela de madeira na desembocadura do rego da Vaca no río Eume.
Pasarela de madeira na desembocadura do rego da Mazoca.
Dormitorio de Don Pío García Espinosa que no ano 1896 foi a vivir ao mosteiro.
Ponte atirantado sobre o río Eume.
Ponte de tirantes sobre o río Eume.
Ponte que cruza o río Eume hacia o mosteiro de Caaveiro.
Represa no río Eume.
Nace na Serra do Xistral e desemboca na ría de Ares.
Pequeno tributario do Eume pola marxe esquerda.
Edificio en ruínas baixando de Teixido cara a Ventureira.
Carreira pola beira do río Eume.
Presa no río Eume.
Tubaxe para levar a auga a antiga central de Ventureira.

5 comentarios

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 28-oct-2015

    O roteiro proposto recorre todo o parque vertebrado polo río, indo polas súas beiras e cun pequeño desvío ó mosteiro. O punto de comezo está preto do lugar de Teixido rematando no centro de interpretación e sendo unha travesía teredes que contar con dous coches ou ben facer uso dun taxi.

  • Foto de Germán Lozano García

    Germán Lozano García 02-sep-2016

    Hola,
    estoy de visita por tierras gallegas y me encantan los deportes de montaña. Allí donde voy intento buscar rutas para mi y para mi familia. Como me ha pasado en Cataluña veo que muchos escribís en vuestra lengua local. te aseguro que no me parece mal, cada cual es libre, pero me hubiese encantado poder leer tu descripción, parece buena e interesante. Ten en cuenta que Wikiloc se puede ver en el planeta entero.
    Saludos de un murciano

  • vilarchoren 18-sep-2016

    Xenial poder leer contidos na nosa lingua, non abondan as páxinas onde usar e disfrutar do Galego, en Castelán sobran opcións para os que o desexen. Xa postos a falar o planeta enteiro, mellor facelo en Inglés. Non hai nada peor que criticar alguén por falar a seu idioma.

  • Evafm 26-oct-2016

    Perfecta para realizar en familia e desfrutar da paisaxe que acompaña todo o recorrido. Dado que vin xente que se aventuraba polos sendeiros con calzado pouco apropiado, recomendo levar tenis ou botas de montaña que non esvaren nin deixen pasar a auga, pois hai tramos nos cales o camiño pasa moi pegado ao río e mesmo nalgúns hai que pasar por riba das pedras.

  • Vvctor89 22-ago-2017

    مكان رائع للذهاب مع العائلة. بيئة مثالية للاستمتاع بالطبيعة.

Si quieres, puedes o esta ruta