-
-
563 m
203 m
0
4,0
8,1
16,19 km

Vista 519 veces, descargada 1 veces

preto de Achas, Galicia (España)

Sempre é moi satisfactorio volver a este marabilloso sendeiro. Volver a sentir as agradables sensacións que me produce camiñar pola beira dos ríos; escoitar o relaxante son da auga; sentir a frescura da sombra que producen os carballos, os arces, as amendoeiras, os amieiros, os castiñeiros; apreciar o encanto do tapizado das pedras e dos toros das árbores en verde e frondoso musgo; percibir o ambiente máxico que se crea no misterioso sobreiral; imaxinar historias pasadas no Camiño da Raíña.
Porén, a mellor das sensacións e poder compartir estas marabillas ca natureza nos ofrece con alguén que as aprecia e as disfruta. Co meu amorciño.
Carlos e Olga.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta