Tempo  3 horas 53 minutos

Coordenadas 1041

Fecha de subida 30 de abril de 2016

Fecha de realización abril 2016

-
-
535 m
339 m
0
2,8
5,5
11,04 km

Vista 628 veces, descargada 3 veces

preto de Gargamala, Galicia (España)

Interesante percorrido, non tanto pola ruta en si, que ten un cacho aínda ben bó de asfalto, pero si por uns cantos elementos de interese: a mámoa (hai que ter fe), o foxo (total abandono: colocar cartel e logo deixar a natureza seguir o seu curso), petróglifos (mesma cousa: o cartel polo chan e o xacemento alí está...) e uns muiños en penoso esquecemento malia seren extraordinariamente orixinais. Miseria de país que esquece a súa historia.
Igrexa de Gargamala
"Santo Feo" é unha escultura posta no pechamento dunha casa. A arte supónselle.
Mámoa
Area "recreativa" posta no medio de ningún sitio e totalmente comesta pola vexetación. Non haberá alguén que leve estas mesas de pedra para o seu xardín? Podían ter algunha utilidade e, polo menos, non ofendían a vista nin lembraban a corrupción.
Carteis
Isto é o que pode verse dende o sitio accesible. Chegar ata o foxo xa é aventura.
Para chegar aos restos do foxo e sebes que conducían as feras cara el, hai que furar por entre o mato (toxo, sobre todo) e atravesar un lagoeiro tipo "areas movedizas" dos filmes de aventuras.
Campo de petróglifos sobre laxes de granito. Non son doados da observar, especialmente cando hai sol. O cartel -tan aparente que debeu de ser no día da inauguración- está estomballado polo chan. e o sitio sen ningunha protección.
Muiño pequeno pero de potente construción. Mesmo ten o teito de pedras de granito... Debeu costar o seu facelo. O edificio consérvase extraordinariamente ben por esa sólida construción, pero non se ven restos do rodicio nin a canle de abastecemento está conservada.
Muiño grande que ten un curioso cubo redondo para fornecer a auga ao mecanismo e unha pequena cal elevada. Construción importante no seu día. Conserva o teito pero o rodicio está ruinoso.
Muiño totalmente abandoado. Tén unha sorpendente cal (un acueduto) elevada e un cubo con forma de cheminea de gran altura. Relamente sorprendente. Carece de teito e outros elementos. Tan só as pedras dentro do edificio. Unha ruína.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta