-
-
89 m
6 m
0
1,3
2,6
5,2 km

Vista 277 veces, descargada 8 veces

preto de Gondomar, Galicia (España)

Descrición: Construído en sillería de granito de labrado tosco con planta de trazado recto e planos laterais paralelos, a súa construción data aproximadamente do s. XVI. A fermosura do monumento destaca pola súa concepción simple, as súas proporcións e o seu trazado. Foi restaurado entre os anos 2005 e 2006. Fotogrametría: Propiedade: Pública Uso actual: Infraestrutura Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Elementos mobles: Tradición oral: Historia recente do ben: Referencias bibliográficas: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA008.pdf (Páxina 2)
Descrición: Presenta planta de cruz latina: unha nave central e dúas capelas laterais, que forman a cruz. Inicialmente medieval, foi reformada no século XIX. Na fachada principal ten unha ornamentación ben coidada. Encádrase con dúas pilastras laterais que teñen capitel simulado e basa con moldura. Rematan con pináculos na cuberta distintos aos do resto da cuberta. Toda a fachada remátase cunha cornixa continua dende o beiril ata a rúa central. Na rúa central, por riba da porta de entrada está o rosetón e, máis alto, o escudo de S. Bieito, rematando con cornixa e axedrezado no que apoia a torre do campanario. A porta principal é de arco de medio punto peraltado, que se apoia sobre dous pares de xambas. Na primeira alóxanse un par de columnas entregas, coroadas de capitel composto e apoiadas nun dado en chafrán. No arco da arquivolta interior ten como adorno unha estrela en cada unha das nove doelas semellando ménsulas en apoios. O frontón é triangular e está adornado con molduras que forman o símbolo de (IHS) en distintos planos. Nas rúas laterais da fachada principal, no primeiro corpo, ten dúas ventás lisas en forma de cruz. No segundo corpo, outras dúas que, para semellar a porta principal, rematan en arcos de medio punto e molduras para formar unha pestana semicircular. Apóianse en resaltes semellantes aos da porta. O rosetón abucínase cara ao interior e a súa celosía semella unha flor de oito pétalos con botón central. Dende a fronte está oculto pola cruz que remata o frontón da porta. A torre do campanario é de planta cadrada cun oco por cada cara coroados con arcos semicirculares que se apoian nos moldurados das pilastras das esquinas. Enriba de cada un deles hai un frontón triangular con cruz no coroamento. Remátase con frecha de cubrición en sillería a modo de pirámide octogonal. Na base dela, por cada unha das caras, está a esfera do reloxo adornado por unha moldura que o cobre a modo de pestana. Ten dúas sancristías, unha a cada lado do presbiterio. Na fachada da parte norte engadiuse unha capela que, na actualidade, serve como capela penitencial. As fachadas teñen pilastras nos seus extremos coroadas por moldura lineal, similar á cornixa na que rematan para acoller a cuberta. Aproximadamente no medio da nave teñen cada unha delas un contraforte para arrostrar a fábrica. Na fachada leste, o muro é piñón e remátase no pincho cunha cruz. Con toda probabilidade, na súa orixe, os muros estiveron revestidos e encalados. As portas laterais presentan recercados, enmochetados e derrames nas súas caras interiores, e o lintel forma unha pestana sobre os ocos. As ventás tamén están recercadas e os seus derrames son abucinados. Polo interior están cubertas por vidreiras. Nos vértices da cuberta ten como adorno uns pináculos moi estilizados e distintos aos que rematan as pilastras da fachada principal. A ábsida ten bóveda de aresta. Tamén teñen bóveda de aresta os dous tramos da nave, apoiada en arcos formeiros de medio punto e pilastras. A cúpula do cruceiro é máis elevada que as bóvedas e descansa en catro columnas. A bóveda da sancristía é de canón. Todas as bóvedas están encaladas contrastando coa cantería dos muros. Tanto na ábsida coma na nave ten floróns para decoración. Fotogrametría: Propiedade: Pública Uso actual: Outros Código no Catálogo da Xunta: RI.000031672 Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Elementos mobles: Na ábsida está o retablo maior. É un retablo neogótico, restaurado recentemente. Presenta tres rúas. As dúas laterais sobre peañas teñen as imaxes do Sagrado Corazón de Xesús e de María. A rúa central ten unha gran fornela con dobre columna que acolle a S. Bieito. Enriba dela, nun templete con catro columnas que sustentan o remate, S. Gregorio. Parece ser que no barrio de Bade estivo a primitiva igrexa parroquial, adicada a S. Gregorio Magno. Por iso, a súa imaxe, barroca, do século XVII, está no retablo maior e é a máis antiga e valiosa da parroquia. Nas capelas do cruceiro hai dous retablos neogóticos en cada unha delas: – No lado sur: Purísima e Sto. Antonio. – No lado Norte: Ánimas e Nazareno. Tradición oral: Historia recente do ben: Referencias bibliográficas: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA004.pdf (Páxina 13)
Descrición: O cruceiro aséntase sobre dous chanzos de sección cadrada e unha base de sección cúbica na que hai unha inscrición ilexible, excepto o ano:1646. O fuste é monolítico, de forma octogonal, e remata nun colariño. O capitel, de sección cilíndrica, é de orde xónica con volutas nas súas esquinas. A cruz é cuadrangular e presenta as arestas rebaixadas e os seus extremos ensanchados. As súas imaxes están talladas en forma plana. No anverso amósanos unha moi detallada crucifixión de Cristo. No reverso a Virxe sostendo o seu fillo morto. Neste lado tamén aparece un pequeno querubín na parte baixa. Fotogrametría: Propiedade: Pública Uso actual: Outros Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Elementos mobles: Tradición oral: Historia recente do ben: Referencias bibliográficas: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA009.pdf (Páxina 10) http://valminorarqueologico-etnografico.blogspot.com.es/2007/10/los-cruceros-de-san-benito-de-gondomar.html
Descrición: Este acueduto do século XVII salva as augas do río Vilaza e forma parte da canle de regadío que, desde o seu inicio en Vilaza, alcanzaba as terras do Pazo de Baludio en Mañufe, de 1623. Consta de tres bóvedas laterais con arcos de tipo conopial. Sobre unha rocha localizada nas proximidades do seu percorrido aparece unha inscrición que reza “A JUAN PSE ANO DE 1696”. Fotogrametría: Propiedade: Descoñecida Uso actual: Sen uso Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Elementos mobles: Tradición oral: Historia recente do ben: Referencias bibliográficas: PÁXINAS WEB http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA008.pdf (Páxina 1) http://www.gondomar.tv/2012/07/tema-acueducto-do-bravo/ http://www.minhor.org/xeiras/calendario/872-xeira-do-iem-ao-pazo-de-barreiro-e-a-sua-contorna-na-parroquia-de-vilaza http://solaina.es/galeria_imaxes/aplicacions/ruta_sendeirismo_bravo_acueducto.pdf
Descrición: O pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila de Gondomar. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha. Consérvanse como elementos principais unha varanda “condal”, dous corpos laterais da muralla, varias escaleiras, o terrazo, portas ornamentadas e outros elementos defensivos menores, a maior parte deles de arquitectura neoclásica. O edificio principal está distribuído en 3 andares. Ten unha capela acaroada do século XVII, de fachada con porta simple de arco de volta perfecta, e sobre esta un óculo que permite a iluminación do interior. Orixinalmente tiña uns 3 km de muralla, conservándose só algúns vestixios e garitas. HISTORIA Posiblemente foi fundado entre os séculos XIV e XV, sendo nesa época de tamaño moito máis reducido. No século XVI a praza-forte consta como propiedade do correxedor de Granada e capitán xeral das illas Canarias, García de Sarmiento. En 1617 Filipe III concedeu ao seu primoxénito, Diego Sarmiento de Acuña, o título de Conde de Gondomar, por defender a costa do val Miñor dos ataques do pirata Francis Drake. Nesa época o conxunto foi obxecto de considerables modificacións e ampliacións. En 1665 foi invadido polos exércitos portugueses, que no asalto destruíron gran parte das edificacións, sendo restaurado en estilo neoclásico. Un incendio producido no século XVIII provocou o seu abandono até que no século XIX o condado de Gondomar se uniu por vía matrimonial ao ducado de Medinaceli, comezando as obras de restauración que continuaron até principios do século XX e deron lugar á actual edificación. Fotogrametría: Propiedade: Privada Uso actual: Residencial Código no Catálogo da Xunta: RB.000031673 Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Elementos mobles: Tradición oral: Historia recente do ben: Referencias bibliográficas: El Pazo de Gondomar. 5 siglos de una familia, por Enrique Fernández de Córdoba Calleja. Diputación Provincial de Pontevedra. 370 páginas. Vigo 2002 https://gl.wikipedia.org/wiki/Pazo_do_Conde_de_Gondomar http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA004.PDF (Pax. 11) http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA001.PDF (Pax. 2)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta