Coordenadas 940

Fecha de subida 18 de junio de 2010

Fecha de realización junio 2010

-
-
545 m
382 m
0
3,4
6,9
13,73 km

Vista 4823 veces, descargada 102 veces

preto de Guntín, Galicia (España)

Ruta que percorre unha zona moi fermosa dos concellos de Guntín e Portomarín, o val do río Ferreira. Ademais pasa por varias aldeas e pontes, entre eles a Ponte Cabalar, o castro de San Vicente de Vilamerelle, o mosteiro de Ferreira de Pallares e a igrexa de Vilamerelle (concello de Guntín) e a igrexa de Vilaxuste (concello de Portomarín).
A ruta comeza xunto a piscina pública de Guntín, no extremo oeste do mapa, o sinal de comezo que aparece está equivocado, e continúa pola beira do río sen cruzalo seguindo o paseo cementado(!!) que pasa polo muíño de Ferreira e chega ata a ponte Cabalar. Nalgúns textos sinálase a esta ponte como pertencente á Vía Romana de Lucus Augusti a Aquis Querquennis (no Xurés), pero non está claro que así sexa. A ruta cruza o río e continúa por unha corredoira paralela á estradiña que nos leva de volta ao río, xa que este fai un pronunciado meandro. A partir de aquí entramos no concello de Portomarín e empezaremos a atopar un dos problemas da parte inicial desta ruta: a vexetación existente nalgunha das corredoiras. Estas corredoiras son moi visibles e moi fermosas pero o grao de abandono fai que nalgún caso sexa complicado avanzar e noutros imposible. Por sorte sempre se pode seguir por algún prado.
Crúzase o rego da Lagoa por unha ponte artesanal e a partir de aquí o camiño sepárase do río para chegar a Vilaxuste. Inda que non sería necesario atravesar o pobo non queda máis remedio que facelo porque o camiño está tapado. Séguese por unha pista asfaltada ata Vilar e de alí a Domez. A Domez pode chegarse pola pista asfaltada ou pola variante escollida que atravesa un souto e logo segue por corredoiras ata este pequeno pobo. Alí outra pontella sobre o rego de León e seguindo xa a beira do río Ferreira atravesámolo por unha ponte bastante ampla e volvemos ao concello de Guntín. Logo á esquerda subindo ata o lugar de Frameán. Ao chegar ás vivendas hai unha cancela no camiño pero que non hai problema en abrir (e volver a pechar!!) xa que só é para impedir o paso de animais como nos informou o dono. O camiño rodea ás vivendas por riba e segue subindo ata chegar ao castro de San Vicente de Vilamerelle. Este castro está sen excavar pero poderemos apreciar murallas cunha altura de ata 5 metros. A continuación seguimos ata o lugar de Vilamerelle onde está a igrexa parroquial. Desde aquí por pistas asfaltadas primeiro e logo por pistas sen asfaltar, chegaremos a Ferreira de Pallares onde poderemos visitar o Mosteiro. Xusto antes hai unha fonte na que a pila é un sartego antropomorfo medieval. Desde Ferreira pode chegarse a Guntín por asfalto ou por camiños sen asfaltar.
Realizada en xuño de 2010 por Jesús e Jose. O grao de dificultade "Moderado" é pola vexetación, senón pode considerarse "Fácil" xa que ten moi poucos desniveis e transcorre por corredoiras e pistas sen dificultades.

Outras rutas da zona:
Mámoas en Guntín
17-JUN-10 16:33:13
17-JUN-10 16:43:17
17-JUN-10 17:11:47
17-JUN-10 17:37:16
17-JUN-10 17:47:49
17-JUN-10 17:54:21
17-JUN-10 18:04:43
17-JUN-10 18:07:00
17-JUN-10 18:14:23
17-JUN-10 18:29:32
17-JUN-10 18:44:31
17-JUN-10 18:50:28
17-JUN-10 19:28:22
17-JUN-10 19:53:19

4 comentarios

  • Foto de paso miudo

    paso miudo 14-nov-2013

    Poderíasnos informar si esta ruta esta marcada, temos a intención de facela no mes de decembro. Gracias

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 15-nov-2013

    ola, non está marcada e xa había certo problema de corredoiras con moita vexetación hai 3 anos, así que me temo que estará peor. O problema de vexetación é no primeiro tramo desde pouco despois da Ponte Cabalar ata o pobo de Vilaxuste. Se a facedes xa me contaredes.
    un saúdo

  • Foto de paso miudo

    paso miudo 19-dic-2013

    Ola, xa fixemos a ruta e a verdade é unha magoa que non estea sinalizada porque vale a pena recorrela. con respecto a vexetación o ser outono esta todo caído e pasase ben de quitado dende a ponte de madeira que hai no río asta Ponte Cabalar; Pero con unha vara e un podón xa arranxamos o problema.
    Nos fixemos o recorrido o revés que ti, aproveitamos o tramo que teñen "sinalizado como ruta de senderismo".
    Un saúdo

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 19-dic-2013

    alégrome que vos gustase, e tamén que despexásedes a ruta de vexetación :-).
    un saúdo

Si quieres, puedes o esta ruta