• Video de Hermisende-Río Pequeño-Río Tuela-Pedrisqueira-Vértice Geodésico Portugal-A Raia-Sanabria- Zamora (Castilla León)
  • Foto de Hermisende-Río Pequeño-Río Tuela-Pedrisqueira-Vértice Geodésico Portugal-A Raia-Sanabria- Zamora (Castilla León)

Tempo  5 horas 17 minutos

Coordenadas 2339

Fecha de subida 24 de mayo de 2014

Fecha de realización mayo 2014

-
-
1.154 m
798 m
0
4,4
8,9
17,77 km

Vista 1857 veces, descargada 25 veces

preto de Hermisende, Castilla y León (España)

Sábado, 24 de maio de 2014. O noso destino o municipio de Hermisende da provincia de Zamora. Mañá fresca e clara. Iniciamos a nosa actividade en Hermesinde, un bonito pobo de montaña, na que destaca de xeito especial a Igrexa e á Casa do Cura (turismo rural). Un percorrido baseado na información facilitada polo Concello (Ruta La Raya) que discorre por camiños antigos, combinados con pistas ben acondicionadas. Un primeiro indicador sinálanos (Camiño Bergalonga) que discorre por prados e soutos de castiñeiros enormes e centenarios, próximos ao río Tuela, que, no día de hoxe, levaba un caudal considerable. Abandonamos o Tuela, xirando á esquerda e internámonos nun bosque de carballos exuberantes atravesado polo río Pequeno. Un bosque marabilloso, máxico que invita á reflexión. Camiñamos pausados, ascendendo lentamente cara aos límites fronteirizos entre España e Portugal. Camiñamos pegados aos marcos fronteirizos, alcanzando a máxima altura no vértice xeodésico portugués (1.147 metros). As vistas en todo a contorna son moi bonitas, fantásticas: Cumios nevados, vistas sobre todo o val de Hermisende e o pobo de San Ciprián, Serras de Marabón, Escusaña, e Gamoneda, sobre o val frondoso do río Pequeno e a súa desembocadura no Tuela e Muimenta (pobo portugués).
Camiñamos en sentido das agullas do reloxo, á nosa esquerda Portugal e as vistas sobre o Parque Natural de Montesinho. Situado no extremo nordeste de Portugal na (Terra Fría), está entre a fronteira con España e unha liña que une Bragança e Vinhais. O Parque Natural de Montesinho foi creado en 1979, sendo unha das maiores áreas protexidas de Portugal.
Un percorrido doado, para calquera persoa e moi recomendable. Dezaoito quilómetros para gozar. Recomendo a súa realización en sentido das agullas do reloxo porque se gaña altura paulatinamente, sen grandes esforzos.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta