Coordenadas 153

Fecha de subida 9 de octubre de 2016

-
-
118 m
45 m
0
1,8
3,5
7,04 km

Vista 693 veces, descargada 4 veces

preto de Vigo, Galicia (España)

Paseo orientado polos barrios de Fátima, Calvario, A Dobrada e San Roque co fin de mostrar as formas urbanas singulares que produciu o desenvolvemento da cidade nas últimas décadas.
Parada de autobús

Punto de encontro: Praza Fernando o Católico

Túnel

Pasaxe 1: Tercio de Afora

Accédese dende a R/ Urzáiz. É a primeira pasaxe das nove polas que imos transitar. Son o resultado de concesións de edificabilidade privada sobre camiños públicos. Rexistrado por primeira vez en 1874, co topónimo "O Tercio". Posteriomente engadíuselle o modificador locativo "de Afora". A denominación "Tercio" provén do mundo agrario, pois designa unha das tres partes en que se dividía un terreo, a repartir entre o propietario e quen o traballa.
Túnel

Pasaxe 2: Tercio de Afora

A través dela desembócase na rúa Escultor Gregorio Fernández.
Edificio de interés

Rúa Esperanto

A rúa está cortada por unha parcela sen edificar que a divide en dúas partes urbanizadas a diferentes niveis; a inferior ligada a un edificio de recente construción. Un pouco máis adiante atopámonos co Colexio Alba, que tivo as súas orixes no Colexio Mezquita de García Barbón, trasladándose no ano 1959 ao edificio que hoxe ocupa, construído no ano 1940.
Túnel

Pasaxe 3: Rúa Rosario

Túnel

Pasaxe 4: Rúa Pino

A Rúa Pino ata 1982 denominouse Luciano Conde, primeiro falanxista vigués falecido en combate. Nese ano, a raíz dun edicto municipal, retiráronse do rueiro vigués os nomes franquistas, pasándose esta rúa a chamar Rúa Pino, por un piñeiro ou piñeiral que alí existía (segundo Daniel Antomil, do blog Vigo Oculto). Esta pasaxe, situada nun edificio dos anos 60, dá paso a unha segunda liña de edificación que é resposta á carencia de vivenda na cidade naqueles tempos.
Rúa sen saída

Rúa sen saída 1: Rúa Castilla.

Rúa sen saída

Rúa sen saída 2: Travesa Horta

Xusto anterior á Rúa Numancia. Este nome púxose en 1944. Antes chamábase García Barbón. Ao anexionarse o municipio de Lavadores ao de Vigo en 1941, produciuse a coincidencia coa rúa García Barbón de Vigo, o que forzou o cambio. A rúa remata dun xeito moi abrupto sobre a Rúa San Lourenzo.
Túnel

Pasaxe 4: Calexón do Viso

Dende a Rúa Doutor Canoa, ollando cara á dereita, vese un edificio apoiado nunha estrutura de grande altura, que dá paso á Travesía de Vigo. Viso significa "lugar elevado dende o que se divisa unha grande extensión".
árbol

Aldea 1: Montecelo Alto

Montecelo refírese a un monte de pouca elevación. A aldea conserva a súa morfoloxía e escala rurais entre as grandes edificacións que dan fronte á Travesía de Vigo e á vía do ferrocarril. O PXOM do ano 2008, anulado hai un ano, prevía a ampliación do rueiro, eliminando as construcións adxectivas, o que destruiría a escala e o carácter deste espazo.
Túnel

Pasaxe 5: Montecelo Alto

Dende a aldea de Montecelo Alto á Travesía de Vigo, por debaixo dunha edificación de grande altura.
Túnel

Pasaxe 6: Camiño Pinelas

Entramos no Camiño Pinelas atravesando unha pasaxe por debaixo dun edificio de nove andares. Entramos así nun espazo rururbano á marxe das grandes arterias urbanas do norte da cidade: a Travesía de Vigo e a Rúa Aragón.
Ruinas

Núcleo protourbano 1: Calvario

Na contorna da estrada de Madrid (actual rúa Urzáiz) xurdiu, na primeira metade do século XX, unha trama urbana de pequena densidade, integrada polas actuais rúas Numancia-León, Cataluña-José Antela Conde e Extremadura-Cristo (de norte a sur) e Urzáiz, Vizcaya e Asturias (de leste a oeste). Consérvanse aínda moitas edificacións de tipoloxía urbana e de pequena escala na rúa Asturias e na rúa Extremadura. A apertura da rúa Jenaro de la Fuente, planificada dende o ano 1957, destruíu e fai irrecoñecible esta trama histórica.
Picnic

Núcleo rururbano: Pinelas

Trátase dun espazo de viviendas de tipoloxía urbana mesturadas con hortas, que contrasta dramaticamente coa escala das edificacións da contorna, que dan fronte á Rúa Aragón e, sobre todo, á Travesía de Vigo. O PXOM prevé a desaparición deste singular espazo mediante a súa nova urbanización, tomando como eixe unha nova vía de 16 m de sección.
árbol

Aldea 2: Redomeira

A orixe deste topónimo é prerromana. Existía na zona un regueiro que se chamaba Meira. De aí, Rio de Meira, que pasou a ser Redemeira e, finalmente, Redomeira. No alto do camiño pódense apreciar, á esquerda, un par de casas do pincho, de tipoloxía tradicional. O PXOM anulado prevía a desaparición deste núcleo.
Ruinas

Núcleo protourbano 2

No cruzamento entre Mestre Soutullo, Toledo e Benito Castro Nogueira pódese apreciar un conxunto de edificacións de máis de 50 anos de antigüidade e carácter urbano.
Túnel

Pasaxe 7: Rúa Soria

Ábrese entre a Rúa Martínez Garrido e a Rúa Burgos, as dúas de moi recente apertura.
Túnel

Pasaxe 8: Rúa Soria

Túnel

Pasaxe 9: Rúa Sagunto

Aparentemente a Rúa Logroño non ten saída, mais se imos ata o final, á dereita ábrese unha calella que vai desembocar, por debaixo dunha edificación, á rúa Sagunto.
Rúa sen saída

Rúa sen saída 3: Rúa Burgos

Rúa sen saída

Rúa sen saída 4

A partir do cruzamento entre as rúas Doutor Carracido e Doutor Martín Lago, á esquerda, dáse unha secuencia de cinco rúas sen saída que dan acceso a máis de corenta vivendas unifamiliares. Os xardíns achegan unha gran calidade ambiental ao conxunto.
Rúa sen saída

Rúa sen saída 5

Rúa sen saída

Rúa sen saída 6

Rúa sen saída

Rúa sen saída 7

Rúa sen saída

Rúa sen saída 8

árbol

Aldea 3: A Rola

Este núcleo de orixe rural pervive entre zonas densamente urbanizadas, entre a rúa Couto de San Honorato e San Roque. O PXOM anulado prevía a súa desaparición.
parquing

Garaxe na rúa Brasil

Este acceso dá paso aos vehículos dos garaxes de todos os edificios do quinteiro entre as rúas Pizarro, Brasil e Vázquez Varela. A gran diferenza de cota entre o acceso dende a Rúa Brasil e Pizarro (equivalente a uns oito andares) implicou a construción dunha rampla de monumentais dimensións para salvar o desnivel existente.
panoramica

Núcleo protourbano 3. Ribadavia

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta