Descargar

Lonxitude

17,27 km

Desnivel positivo

254 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

359 m

Altitud máxima

1.298 m

Trailrank

54

Altitud mínima

942 m

Tipo de ruta

Solo ida

Tiempo en movimiento

4 horas 12 minutos

Tempo

6 horas 23 minutos

Coordenadas

2558

Fecha de subida

30 de agosto de 2020

Fecha de realización

agosto 2020
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
1.298 m
942 m
17,27 km

Vista 106 veces, descargada 5 veces

preto de Bangueses de Abajo, Galicia (España)

Excelente ruta, tanto polo seu significado (lembrar as persoas perseguidas tralo alzamento militar franquista), coma pola zona por onde discorre. Esta era unha das moitas rutas que as persoas fuxidas da sanguinaria persecución franquista seguían para tentar buscar refuxio xunto dos seus veciños naturais e moitas veces amigos portugueses.
A gravación ten FALLOS: a aplicación DEIXOU DE FUNCIONAR e non gravou o treito quizais máis importante: o paso por RODEIRO. Deixo nas fotos da portada da ruta dúas imaxes detallando o trazado. Outro fallo, menor e este meu, foi non finalizar onde realmente REMATOU a andaina en Queimadelos (aínda que si se podería seguir a estrada ata o Castro).
EDITO, de novo: as fotos da ruta correspondentes ao treito non rexistrado, si que aparecen; pero non os waypoints. (!!!)
A camiñada así feita precisa transporte dende o final. Comeza no Outeiro das Augas, na estrada OU-411 a onde se pode chegar dende o alto do Vieiro ou dende Bande, etc. No cruce onde comezamos hai unha indicación para A MOTA. Por unha pista de perfil chairo, chegamos ata esta impresionante mámoa (que se atopaba rozada para a ocasión). Pola zona hai un menhir pero está inaccesible polo pechamento gandeiro.
Máis adiante achamos un cartel explicativo dun foxo do lobo. Polas explicacións dos nosos guías (excelentes), non paga moito a pena tentar chegar a el pois está moi deteriorado e o foxo arrasado por unha devasa corta-lume...
Logo de contornar unhas cortes actuais para o gando do monte, pasamos fronte a unha destacada agrupación de medorras: a Necrópole dos Penedos da Canteira. Hai un panel ilustrativo que axuda a localizalas pois, logo de varios milenios, están bastante achandadas.
Un par de quilómetros máis adiante chegamos á raia, punto no que hai unha fontela con auga limpa e apetecible. Virando cara a dereita e contornando a raia fronteiriza alcanzaremos un vértice xeodésico en territorio portugués (porque así o marcaron uns funcionarios). Un tantiño máis adiante chegaremos onda a Mota Grande, outra impresionante medoña e, a carón da pista, tumbado podemos localizar (con certa dificultade) outro menhir de considerable tamaño. Voltando algo para atrás para pasar por un portelo gandeiro, entramos definitivamente e oficialmente en Portugal. Aquí hai un salto na gravación pero non ten dúbida cal é o camiño. Por certo: lembrar pechar o portelo!!!! (É de elemental cortesía sendeirista).
Xa no territorio portugués pasamos entre unha impresionante concentración de mámoas, non todas doadamente visibles as mámoas da Portela do Pau. Seguindo o cartaz indicador achegámonos ata unha escavada que presenta gravuras no seu interior. NON PERDER!
Dende este lugar atravesamos monte a través (ningún problema, é monte baixo e hai incluso rodeiras). Non habería problema en seguir a pista pero dando un rodeo. Dende a zona alta contemplamos o Vale das Antas, cuxo nome xa indica a concentración de túmulos funerarios que na súa época, cubertos de seixos brancos, debían ser impresionantes.
Continuamos cara Rodeiro (ou Rodeiros segundo Mr. Google Maps) e aquí... Wikiloc deixa de gravar e rexistrar os waypoints. Decididamente esta é unha APLICACIÓN MOI DEFICIENTE pois non se revisa a si mesma nin avisa dos FALLOS.
Xa case entrando en Rodeiro hai unha fonte onde proverse de auga. Cruzando polo medio da coidada aldea damos coa casa en ruínas onde estiveron agochados Eudosia Lorenzo e os seus pais. Nesta ligazón pódese saber sobre esta triste (pero con final feliz) historia: https://portugaldelesales.pt/eudosia-refugiada-galega-castro-laboreiro/ Na internet hai máis documentación.
Entrando con precaución nos restos da casa podemos ver o agocho, só a lareira, onde estiveron estes fuxidos. A casa destaca igualmente porque na esquina ten unha alminha e outros labrados na anta da porta (o dono era canteiro...)
Non lonxe da casa, está o forno comunal da aldea digno de visitar tamén pola súa impoñente construción toda de granito. En querendo, este tamén podería ser un bon sitio para finalizar a ruta.
Continuando pola estrada, cara abaixo, pasaremos a carón da igrexa da Senhora dos Remédios e descendendo por un camiño chegaremos aos Dois Portos, senllas pontellas sobre dous regueiros que aquí conflúen. Deste xeito subiremos ata Adofrei onde o Wikiloc tivo a ben (pausando, continuando...) volver situarse.
A ruta ben podía rematar aquí, aínda que pasear por estas aldeas coidadas sempre é un pracer. Nesta ruta de Sudandobotas hai unha alternativa prometedora para ir ata o núcleo do Castro Laboreiro por se interesara rematar alí e non patear asfalto: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/castro-laboreiro-rodeiro-castelo-pnpg-parque-nacional-da-peneda-geres-3027983#wp-3028003 Seguramente hai outras.
O percorrido faise por camiños de terra ata chegar ás aldeas. Como se pode observar non presenta especial dureza.
Deixar constancia do labor do Comité para a Memoria Histórica do Val do Limia, que puxo en marcha esta iniciativa, e das persoas que nos guiaron: Davide e Américo.
Ruta, repito, TOTALMENTE RECOMENDABLE. Outra posibilidade para coñecer o megalitismo deste territorio e seguir a ruta específica que parte de Rodeiro ata a fronteira en Portelo do Pau. Aquí unha miña con este percorrido: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/planalto-do-laboreiro-megalitismo-11265467
Parquing

Comezo

Na OU-411 iníciase unha pista. Indicado A MOTA.
Sitio arqueolóxico

A Mota

Impresionante mámoa, medorra, medoña...
Sitio arqueolóxico

Foxos (panel na pista)

Fauna

Cortes

Nesta serra aínda hai gando solto, cabalos e cachenas especialmente.
Sitio arqueolóxico

Necrópole Penedos da Canteira

Fuente

Fronteira, cruce, fonte.

Cima

Xeodésico

Sitio arqueolóxico

Menhir, Mota Grande.

Dúas medorras grandiosas a ambos os lados da pista. O menhir está tumbado, xusta a carón da pista, cara o lado da fronteira.
Sitio arqueolóxico

Mámoa da Portela de Pau

Panoramica

Vale das Antas

Dende aquí albiscamos cara o sur o impresionante Penedo de Amamão
Panoramica

Rodeiro

Fuente

Fonte

Ruinas

Casa da familia de Delfina, os amparadores de Eudosia

Monumento

Forno

Sitio relixioso

Igrexa da Senhora dos Remédios.

Ponte

Dous Portos

Panoramica

A Branda

Aldeas onde os pastores pasaban a inverneira.
Foto

Queimadelo

Fin real da ruta.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta