Tempo  5 horas 56 minutos

Coordenadas 2980

Fecha de subida 11 de marzo de 2014

Fecha de realización marzo 2014

-
-
23 m
4 m
0
3,5
6,9
13,85 km

Vista 1746 veces, descargada 107 veces

preto de A Salga, Galicia (España)

Sinxela ruta que percorre o perímetro sur da illa de Arousa, para completar a illa tamén está o perímetro norte (http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=2792923).
Para facer esta ruta é conveniente ter en conta a marea porque vainos permitir facer o percorrido moi pegados á costa ou ter que alonxarnos un pouco. A marea baixa permitirá ver a Cista do xacemento dos Tarais (http://patrimoniogalego.net/index.php/40836/2013/04/cista-do-xacemento-dos-tarais/)
É un camiño doado, aínda que por veces discorre polas rochas da ribeira, todo chan e inzado de praias. Comezase no aparcdoiro do colexio para ir cara a ribeira oeste, aínda que non está sinalizado, unha vez na praia só hai que ir seguindo a liña de costa cara o sur, así chegamos ata a ponte e ao paseo marítimo que chega ata a punta Carreirón que é parque natural, polo que non está permitido o acceso con animais. Está integrado dentro do Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira.
Rodeada esta punta seguimos pola ribeira menos coñecida e máis solitaria, empregamos carreiros de pescadores e pistas amplas sempre pegados á costa. O primeiro que nos atopamos é un muíño de mareas que se conserva relativamente ben e aínda mantén os diques para reter a auga. Ben se noa que esta é a cara que dá á entrada da ría pola cantidade de desperdicios que teñen as praias...
Unha mirada atenta permitirá observar un bo lote de fauna limícola e acuática: gaivota patiamarela, gaivota chorona, garza real, garzotas, pilros, corvos mariños, arroaces...
Con certas modificacións pode facerse en bicicleta, hai que ter en conta que na punta Carreirón non se pode saír dos camiños.
  • Foto de Con marea baixa 1
  • Foto de Con marea baixa 2
  • Foto de Muíño de marea

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta