-
-
24 m
0 m
0
1,1
2,1
4,3 km

Vista 4129 veces, descargada 48 veces

preto de Carril, Galicia (España)

Percorrido pola Illa de Cortegada do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, situada na ría de Arousa e fronte a Carril, no concello de Vilagarcia de Arousa.
Esta illa chamada Corticata polos romanos foi habitada ata o ano 1907 por campesiños e pescadores e nesa data foi doada ao monarca Alfonso XIII para que fixera aquí unha residencia de verán, cousa que nunca ocorreu. Pasou logo ao pai do actual rei que vendeuna a unha promotora que non chegou a construir pola oposición dos veciños de Carril e agora está nas mans da Xunta de Galicia e formando parte do Parque Nacional.
A consecuencia de quedares deshabitada o que antigamente eran campos de cultivo pasaron a seren bosques de piñeiros, carballeiras, algúns eucaliptos e estripeiros e sobre todo un bosque de loureiros de gran importancia e único na Europa continental.
Para acadar a illa temos varias posibilidades:
1) Andando desde Carril cando a marea está baixa e indo polo chamado "camiño do carro". Por aquí movíanse as mercadorías no pasado e a auga darávos polos nocellos na baixamar (tende en conta que para volver non hai outra marea baixa ata dentro de 12 horas). O punto de saída do camiño en Carril está marcado no track do GPS e acada a illa preto da Punta do Vao.
2) Facendo uso do programa de visitas que organiza o concello de Vilagarcia de Arousa durante os veráns, reservando praza telefonicamente (saen do punto marcado como "porto").
3) Acordando a viaxe con algún pescador.
4) Por medio das visitas organizadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.


01-AGO-10 18:39:30
01-AGO-10 18:18:34
01-AGO-10 19:33:51
01-AGO-10 17:22:14
01-AGO-10 18:28:51
01-AGO-10 18:42:36
01-AGO-10 17:21:46
01-AGO-10 18:05:53
01-AGO-10 19:15:08
01-AGO-10 17:55:36
01-AGO-10 17:19:42
01-AGO-10 17:02:34
01-AGO-10 17:45:34
01-AGO-10 16:48:53
Bosque Mixto
Bosque Mixto
Bosque Mixto
Bosque Mixto
01-AGO-10 17:46:27
01-AGO-10 18:38:30

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta