Tempo  8 horas 37 minutos

Coordenadas 3115

Fecha de subida 23 de abril de 2017

Fecha de realización abril 2017

-
-
542 m
10 m
0
5,8
12
23,17 km

Vista 766 veces, descargada 13 veces

preto de Figueirido, Galicia (España)

Dende o Lago Castiñeiras, iniciamos esta ruta. Nada mais empezar, despois de un paseo cómodo pola beira do lago, atrevémonos a facer unha corta pero pronunciada subida de un quilómetro e medio ata chegar ao miradoiro de Coto Redondo. Está pechado, polo que non puidemos observar as boas vistas que se poden ver dende o alto, tivemos que conformarnos coas poucas que se ven dende abaixo de todo.
Agora toca baixar durante dezaseis quilómetros aproximadamente, ata chegar ao lugar de Toural, onde recuperamos forzas no restaurante O Cañoto.
Nesa baixada facemos o carreiro dos muíños de Riomaior, en sentido contrario a como está descrito, e dicir, facemos o percorrido empezando onde se atopa o muíño número 34.
O carreiro atópase no límite entre as parroquias de Santa Cristina e San Adrián de Cobres. O lugar onde se atopan os muíños posúe unha excepcional topografía, pola que discorre o Río Maior, que deixa nas súas marxes unha gran cantidade de muíños que antigamente servían como sistema de moenda de cereais como avea, centeo e sobre todo millo.
Dende aquí, e ata chegar ás Salinas de Ulló, pasando por Larache, preto do seu pazo, convertido ao día de hoxe en casa rural, temos asfalto. Nas salinas pódense facer varias rutas de sendeirismo, están perfectamente sinaladas. Nós continuamos pola súa beira ata o restaurante.

Pola tarde toca subida, facémolo polo carreiro dos muíños de Vilaboa. O carreiro discorre río abaixo polo Trasmil ata as Salinas de Ulló, por cada un dos muíños que atopamos polos lugares de A Graña, Cimadevila, Río, Toural e arredores de Postemirón. Nós facémolo ao revés, río arriba ata chegar ao lugar onde deixamos aparcados os coches, en Castiñeiras. Temos que deixar constancia de que o carreiro atópase en moi mal estado, aínda que se pasa, temos que facelo con bastante dificultade. Unha pena que non o arranxen, pois é unha ruta moi bonita pola beira do río.

Tempo en movemento: 6 horas 18 minutos con unha media de 3,7 quilómetros hora.
N42.36264° W8.63359°
Pantano

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta