Tempo  6 horas 9 minutos

Coordenadas 1950

Fecha de subida 3 de mayo de 2018

Fecha de realización mayo 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.158 m
814 m
0
3,1
6,2
12,39 km

Vista 272 veces, descargada 11 veces

preto de Branda da Bouça dos Homens, Viana do Castelo (Portugal)

Se falamos da Peneda, a todos nos vén ao pensamento o seu famoso santuario e por riba deste xa sabemos que se atopa unha lagoa de montaña, esa que ten un colosal penedo no medio das súas augas. O habitual para chegar ata este pequeno lago é subir desde a igrexa polo camiño empedrado, mais nós imos seguir outro percorrido que nos dará a coñecer mellor este macizo montañoso.

O itinerario proposto é circular e podémolo comezar en Bouça dos Homens, en São Bento do Cando ou tamén no cruzamento das estradas destas aldeas coa que vai a branda de Aveleira, nun sitio cómodo para aparcar. Aconsello facer o camiño no sentido contrario as agullas do reloxo xa que así atoparémonos de fronte coa mole granítica.

Empezamos a nosa andaina por un doado camiño no medio dun piñeiral e axiña seguimos por carrouchos que nos poñen nun lombo por riba de São Bento do Cando e baixaremos a esta aldea que se formou como asentamento de inverno dos gandeiros que no verán subían as bestas as brañas altas. De aquí continúa a baixada por unha corredoira, a treitos enlousada, que se interna nunha frondosa fraga e chegamos ao punto máis baixo do roteiro cando cruzamos o rego Pomba por riba dunhas sinxelas poldras.

A partir de aquí subimos por un serpenteante carreiro que enfila a unha sorprendente paisaxe de montaña, con bolos de caprichosas formas e vistas que quitan o alento. Deixamos atrás un planalto con húmidas brañas e xa albiscamos a lagoa da Meadinha, co seu ciclópeo bolo granítico no medio.

Abeiramos o lago pola dereita e collemos o sendeiro, a veces enlousado, que nos sitúa na portela (o punto máis alto do percorrido) e que descende cara a aldea de Bouça dos Homens. Aquí botamos as últimas olladas as descomunais montañas e volvemos ao punto de partida na cruzamento que leva a branda de Aveleira.

Ver más external

Aldea de A Peneda.
Vieiro en Bouça dos Homens.
Vieiro enlousado en São Bento do Cando.
Sendeiro enlousado que sobe a lagoa da Meadinha.
Vieiro empedrado que sobe desde o lago da Meadinha.
Sendeiro que baixa ao río Pomba desde São Bento do Cando.
Sendeiro na braña da Meadinha.
Construción rústica para uso gandeiro.
Punto de inicio no cruzamento das estradas a Bouça dos Homens, São Bento do Cando e branda de Aveleira.
Congostra na aldea de São Bento do Cando.
Fonte de auga potable na aldea Bouça dos Homens.
Fonte de auga potable na aldea de São Bento do Cando.
Lagoa da Meadinha, na Serra da Peneda.
Poldras sobre o río Pomba.
Bolos de rocha granítica.
Peto de ánimas na aldea Bouça dos Homens.
Bosque de piñeiros no comezo da ruta.
Pontón sobre un regacho en São Bento do Cando.
Punto de paso de montaña desde a Meadinha hacia Bouça dos Homens.
Pequeno regacho por riba de São Bento do Cando.
Regacho que alimenta a lagoa da Meadinha.
Construcións en ruínas.
Aldea de montaña na serra da Peneda.
Vistas panorámicas desde o lombo por riba de São Bento do Cando.

2 comentarios

  • felixdiez2215 06-feb-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Alta

  • Fonteiriñas 06-feb-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta moi variada pero un pouco dura.

Si quieres, puedes o esta ruta