Coordenadas 1409

Fecha de subida 13 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

-
-
64 m
4 m
0
4,0
7,9
15,81 km

Vista 691 veces, descargada 33 veces

preto de Pozo Negro, Galicia (España)

O treito de costa en Xuño, no concello de Porto do Son, é dunha gran importancia natural por contar cun sistema dunar de bastante altura e que chega a penetrar en terra firme con anchos de ata 300 metros e no que medran especies típicas deste hábitat como a arenaria do mar, a mapoula amarela de praia, a leiteiriña do mar, a correola mariña, o feo da praia ou as cebolas das gaivotas. Amais en paralelo as praias de Xuño e a de Areas Longas existen duas lagoas de auga doce e zonas de humedais que acollen a parrulos, garzas e mazaricos, atopándose tamén nas dunas a píllara.

Namentres a lagoa de Xuño está xa prácticamente colmatada por sedimentos e colonizada por xuncos e outras plantas, a de San Pedro de Muro, de forma alongada, conta cun volume de auga doce significativo.

O roteiro é circular e podémolo comezar na coñecida praia das Furnas -onde Ramón Sampedro quedou tetrapléxico- e tiramos cara ao norte para a praia do Río Sieira, adentrándonos para a ponte medieval de Xuño, que cruza o Sieira preto da súa desembocadura cun só arco de medio punto de 6 metros de longo.

Recorremos a agra interior e de novo achegámonos ao sistema dunar pasando polas lagoas de Xuño e Muro para logo enfilar aos lugares de Basoñas e Seráns.

Acadamos a punta da praia de Espiñeirido -co monte Tahume as costas- e emprendemos a derradeira etapa da nosa xeira que desde aquí vai polo bordo litoral por praias como Cativa, Melreira e finalmente a de Xuño que según os treitos recibe os nomes de praia de Areas Longas -ou Basoñas-, praia de Xuño e praia das Furnas, sen que quede moi claro onde remata unha e comeza a outra, pois é un areal continuo.

Ver más external

Picnic

Area lecer

Área recreativa na praia de Río Sieira.
foto

As Furnas

Rochedo litoral na praia das Furnas.
foto

Basoñas

Lugar no concello de Porto do Son.
foto

Camiño

Camiño na Agra de Abaín.
Waypoint

Comezo Xuño

Punto de inicio do roteiro na praia das Furnas.
fuente

Fonte

Fonte de auga potable en Seráns.
Lago

Lagoa de Xuño

Lagoa de auga doce no concello de Porto do Son.
Lago

Lagoa San Pedro de Muro

Lagoa de auga doce San Pedro de Muro, no concello de Porto do Son.
Lugar de observación de aves

Observatorio Muro

Observatorio sobre a lagoa de Xuño, en Porto do Son.
Lugar de observación de aves

Observatorio Xuño

Observatorio de aves na lagoa de Xuño.
Ponte

Ponte medieval

Ponte medieval de Xuño sobre o río Sieira.
Praia

Praia Areas Longas

Praia de Areas Longas ou Basoñas, no concello de Porto do Son.
Praia

Praia Cativa

Pequena praia en Porto de Son.
Praia

Praia das Furnas

Praia das Furnas, en Porto do Son.
Praia

Praia de Xuño

Praia de Xuño, no concello de Porto do Son.
Praia

Praia Espiñeirido

Longa praia no concello de Porto do Son.
Praia

Praia Melreira

Praia Melreira, no concello de Porto do Son.
Praia

Praia Rio Sieira

Praia na desembocadura do río Sieira.
Praia

Praia Serans

Praia de Seráns, no concello de Porto do Son.
foto

Serans

Lugar no concello de Porto do Son.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta