Sé el primero en aplaudir
Vista 9495 veces, descargada 194 veces
preto de A Pobra do Caramiñal, Galicia (España)
Este percorrido polo litoral norte da ría de Arousa, entre a Pobra do Caramiñal e Santa Uxía de Ribeira (ou Riveira), farémolo procurando sempre este mar tranquilo que baña praias de fina area.
A andaina comeza n´A Pobra, terra adoptiva de Valle-Inclán, a carón da súa casa-museo na Torre de Bermúdez. Enfilando polo paseo da praia do Areal chegamos a Xobre, onde vemos a súa igrexa e casa reitoral e aquí afastámonos da costa para ir ao lugar de Cabío, baixando de novo ao litoral por un sombrizo camiño ata a praia nudista de Agronovo.
Ao chegar ao campo de fútbol, imos pola parte dabaixo xa que aquí conectamos cunha pasarela de madeira que asoma sobre a praia de Cabío e nos leva ata a de Lombiña. Do piñeiral da súa punta pasamos ao areal de A Illa e pisamos outra pasarela que vai ata a praia d´A Corna, que conta cunha boa área de lecer a sombra duns piñeiros. Estamos as portas de Palmeira e xa no porto temos o monumento ao emigrante sobre un mirador. Cun pequeno desvío polas estreitas rúas iremos ata a igrexa neoclásica de San Pedro, na parte alta da poboación.
Pasamos pola praia de Insuela e bordeando a súa punta poñémonos no pequeno e recollido areal do río Azor, separado da longa e equipada praia de Coroso por un piñeiral.
De remate avanzamos polo paseo marítimo e zona portuaria ata o posto de información turística de Santa Uxía de Ribeira, onde acabamos.
O roteiro non está sinalizado mais non debería presentar dificultade para facelo sen GPS.
Ver más 
Árbol
Area lecer da Corna
Área de lecer preto de Palmeira. Conta con mesas a sombra dun piñeiral.
Árbol
Area lecer de Coroso
Área de lecer na praia de Coroso. Hai mesas e bares.
Núcleo preto da Pobra do Caramiñal.
Campamento
Camping Coroso
Camping na praia de Coroso, Riveira.
Campamento
Camping Ria de Arousa
Camping na praia d´A Barca, Pobra do Caramiñal.
Campo de fútbol en Cabío, Pobra do Caramiñal.
Igrexa neoclásica en Palmeira, Riveira.
Foto
Igrexa Sta Maria Xobre
Igrexa nunha punta da praia do Areal, na Pobra do Caramiñal.
Panoramica
Monumento emigrante
Monumento con mirador en Palmeira.
Punto de información
Oficina Turismo
Oficina de turismo de Riveira.
Porto en Insuela, Riveira.
Porto da parroquia de Palmeira, Riveira.
Porto de Santa Uxía de Riveira.
Praia no concello da Pobra do Caramiñal.
Praia no concello da Pobra do Caramiñal.
Praia no concello de Santa Uxía de Riveira.
Areal no concello de A Pobra do Caramiñal.
Longa e equipada praia en Santa Uxía de Riveira.
Praia no centro da Pobra do Caramiñal.
Foto
Praia Fonte da Pedra
Areal no concello da Pobra do Caramiñal.
Areal na desembocadura do río Azor, no concello de Riveira.
Rego que desemboca na praia de Corosa, en Riveira.
cerengo 14 dic. 2013
He realizado esta ruta Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Tenía ganas de hacer una ruta que siguiera el litoral por esta zona, así que en cuanto encontré este track no me lo pensé. La verdad que vale la pena. Recorre playas muy bonitas y alguna corredoira interesante. En 3 horas, con las obligatorias paradas para las fotos se hace sin problemas. Para una próxima ocasión, con más tiempo tengo ganas de probar a ver si es factible hacer el tramo palmeira - insuela por la playa para así evitar un tramo de carretera. Es recomendable hacer la ruta con marea baja para facilitar el transito por algun tramo de playa.
ARZUGRAFICA 12 may. 2014
He realizado esta ruta Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Muy fácil de hacer , mejor con marea baja.
saltarios 9 nov. 2015
He realizado esta ruta Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Si el tiempo acompaña es una gozada caminar a la orilla del mar
adoado3 5 oct. 2018
He realizado esta ruta verificado Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Ruta que discurre casi todo el tiempo por playas, muy fácil.
Álvaro Pérez Rodríguez 13 nov. 2018
Es una ruto bonita y muy fácil.