Tempo  8 horas 46 minutos

Coordenadas 1630

Fecha de subida 9 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
1.383 m
640 m
0
4,3
8,6
17,22 km

Vista 106 veces, descargada 7 veces

preto de Lordelo, Viana do Castelo (Portugal)

Ruta calificada por nos de dificil pola dificultade do terreo. Moita pedra, xestas, toxos, fentos e un sube e baixa continuo, perfecto rompepernas. Polo demáis o parque nal. Peneda _Geres, sempre namora e sorprende. Comenza o camiño vertical desde a entrada en Lordelo nunha costa enriba entre pedras dun antigo camiño que xa anuncia o que vai ser a ruta........., chegamos á casa abandoada do garda forestal, e por unha pista (o track sigue polo monte pero aconsello a pista ), pasamos por unha fonte e un lugar para a ierra do gando , seguimos pola pista ata un desvío á esquerda que adentraranos na espectacular Branda de Lamelas.
Por un terreo complicado seguimos sempre de frente e cara ao alto que se encontra ao fondo da branda, ao outro lado atopamos un hito que énchenos de tranquilidade. Despois dun sube baixa, un acivro xigante ao lado dunha oliveira, protéxenos mentres comemos, ahí os sendeiros desaparecen e as xestas invaden a zona, imos de novo adiante e atrás ata orientarnos e tras saír delas e camiñar un bo rato, divisaremos o marabilloso Foxo do Lobo do Maranho; eiquí andaremos preto dos 1400 m de altitude. Abraiante e indestructible, convenlle unha limpeza para que semellante monumento de outrora, manteña a importancia do que foi. Despois adiviñaremos o Foxo da Colmadela pois anda ás escondidas entre as xestas, unha verdadeira pena........ Divisamos un novo hito cando xiramos á vista do foxo do lobo e guíándonos polo canle da auga que temos a nosa dereita, chegaremos á Branda de Porto Cabado. Despois varias brandas coas súas cardeñas mostran a importancia da gandeiria nesta zona. Recuperando a canle de novo e seguíndoa xa o camiño reláxanos un pouco e sabemos que chegaremos de novo a Lordelo. Baixaremos por un camiño deses que as "señorinhas portuguesas" tiñan a cotío de facer coma si tal cousa, para levar as cachenas a pastar, e nos o baixamos sufrindo a tortura das pedras e máis pedras rebotando nos xeonllos. Nesta baixada unha mullerinha pregúntanos de onde vimos e respostamoslle que do foxo do lobo, eu sorprendida escoito que ela nunca o vira.........Baixamos brincando polas pedras de novo ata Lordelo non sin antes encher a vista có espectaculo do sempre marabilloso parque natural. En Lordelo temos unha fonte ao lado da capela.
Os que sigan este track terán que saber que nalgures fixemos voltas e revoltas para atopar orientación. Agardo que o disfrutedes coma nos. Grazas a Sudando Botas polo seu track.
Hito a 1300 m.
Foxo do Lobo do Maranho en moi bo estado de conservación
Foxo do lobo da Colmadela, totalmente cuberto polas xestas. Hai que adiviñalo......
Hito con vista panorámica.
Branda de Porto cabado.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta