Tiempo en movimiento  2 horas 57 minutos

Tempo  3 horas 34 minutos

Coordenadas 2407

Fecha de subida 19 de enero de 2020

Fecha de realización junio 2000

-
-
1.048 m
799 m
0
3,5
6,9
13,81 km

Vista 7 veces, descargada 1 veces

preto de Lucenza, Galicia (España)

Nova camiñada por esta interesante rutiña. Comeza a carón do Centro Social da aldea da Lucenza. Sóbese cara o parque dos eólicos para gozar das grandes vistas cara boa parte da provincia de Ourense e fronteira con Portugal. Na subida (indicado coma "Banco da Esperanza" atopamos unha neveira (pozo para almacenar neve pisada para refrescar bebida, facer xeados ou conservar comida) propiedade, no seu tempo, dos Condes de Monterrei.
Na zona máis alta atopamos penedos graníticos con suxerentes formas: a Pena Muller, o ET, o Dromedario... e tamén un altar ao deus Larouco, unha instalación moderna aproveitando as lendas sobre este deus dos nativos prerromanos. Aquí seica se fixeron acampadas e rituais "hippies" (para entendernos) en tempos relativamente recentes.
Descéndese logo cara a parte chaira e, pasando pola Lama da Saceda, onde atopamos unha reprodución dunha sorprendente gravura aparecida na igrexa de Vilar de Perdizes dun presunto deus Larouco, continuamos cara ao castro ou citania da Saceda, un impresionante poboado con triple fortificación aínda en fase de escavacións. Paneis máis recentes informan de datos sobre este lugar.
Seguimos para visitar a área da capela de Santa Marta, ermida construída sobre un asentamento da época romana de grandes dimensións aínda que non escavado en gran parte.
Retornando ao punto de partida, aínda podemos ver a aldea da Lucenza con diversos elementos que chaman a atención: fontes e lavadoiro, cruceiros, a igrexa, casas e ruelas...
Neste momento o bar do centro social está en funcionamento e podemos saborear uns callos que repoñen da camiñada e do día frío.
Aínda que hai uns treitos de asfalto, a mor parte da ruta vai por pistas e camiños de terra ben despexados.
É unha ruta doada, presentando só a dificultade da forte subida inicial.
parquing

Inicio

Información

Cartel dunha ruta

Ruinas

Neveira

Información

Cartaz

panoramica

Panorámica

panoramica

Pena Muller

Arquitectura religiosa

Altar laico

Lago

Lama da Saceda

Sitio arqueolóxico

Castro

Sitio arqueolóxico

Castro: porta, murallas e costrucións.

Sitio arqueolóxico

Croa do Castro

Sitio arqueolóxico

Santa Marta

Arquitectura religiosa

Cruceiro

Intersección

Desvío para a Santa Marta.

fuente

Fonte, lavadoiro e pozos

foto

Praza

Arquitectura religiosa

Igrexa

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta