-
-
665 m
175 m
0
2,9
5,8
11,57 km
Vista 25 veces, descargada 0 veces
preto de Luintra, Galicia (España)
Andada agradable por uns lugares moi fermosos. Comeza en Valdomar, no concello de Nogueira de Ramuín. (Non facer caso do Google Maps; hai unha pista pavimentada que chega alí dende Luíntra! Sae xusto a carón da Casa do Concello).
Descorre por camiños vellos, pistas e carrouchos todos limpos de broza. Moita parte dela vai por medio de forestas silvestres ou asilvestradas. Tamén atravesa algunhas aldeas, en xeral co consabido despoboamento que as leva á ruína. En época de moita humidade, nalgúns puntos é doado escorregar polo que levar caxatos é imprescindible. Toda ela está ben sinalizada con setas brancas e letreiros.
Como se pode observar no perfil altimétrico, ten un importante desnivel que en ocasións ocasina forte declive. Porén non presenta dentes de serra.
Como queda aludido, os valores máis salientables deste percorrido (cuestión subxectiva, claro) son as paisaxes, o ambiente das fragas, as solucións arquitectónicas das aldeas (malia a ruina de moito deste patrimonio) e a vexetación en xeral. Obrigado citar as vistas cara o canón do Sil dende o miradoiro da Lampa.
Paréceme factible en calquera estación e aínda con climatoloxía dura. Só unha pequena parte atravesa terreo despexado de arboreda.

Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Comentarios