Tiempo en movimiento  3 horas 35 minutos

Tempo  5 horas

Coordenadas 1884

Fecha de subida 29 de diciembre de 2019

Fecha de realización diciembre 2019

-
-
1.734 m
421 m
0
4,8
9,7
19,39 km

Vista 1 veces, descargada 0 veces

preto de Orotava, Canarias (España)

Advertencia: o track contén evidentes erros do GPS, motivados polo fragoso relevo. A distancia anda polos 13 quilómetros e medio e o desnivel pode ser de preto de 1000 metros de baixada e uns 100 de subida.
Ida a inicio en taxi.
Estaciónase preto do Centro de Interpretación de Los Tilos (Parque Natural de las Nieves). Aquí agardan taxis para subir, se se desexa, ata o comezo da ruta na Casa del Monte. Comentar que xa o propio taxista, no noso caso, mira de buscar clientes para compartir a viaxe e escotar o prezo (neste momento 120€ en total, entre @s ocupantes). Aínda que poida parecer caro non o é tanto pois o percorrido é ben longo e difícil por unha pista penedía chea de fochancos. IMPORTANTE: os taxis só soben xente ata un pouco antes das 12 da mañá, por motivos de seguranza, pois en caso de accidente poderían actuar os socorros con día.
A alternativa de facer a ruta circular, como aparece noutras compartidas, parce ser que é desaconsellable hoxe en día pois o trazado de subida ata a Casa del Monte está clausurado, pechado de maleza, sen mantemento e é perigoso... En todo caso, para a mor parte de usuarios, mesmo con certa preparación, a ruta de baixada é suficientemente dura. Claro que isto é cuestión de opinións.
Respecto da camiñada en si, é unha ruta certamente interesante. O feito de pecorrer o treito inicial por unha levada de auga, labrada na parede case vertical do cavanco, atravesando túneles e albiscando unhas paisaxes espectaculares resulta moi estimulante. (Aínda que despois de coñecer algunha das da Madeira xa se tempera a admiración). É preciso levar lanterna para atravesar os túneles, e no nº 12 moi conveniente un chuvasqueiro pois a auga abrolla do teito e das paredes con intensidade. Porén, pasando á presa, e con bo tempo, sécase a roupa axiña no exterior. COIDADO con non dar coa cabeza no teito dalgún túnel! Tamén citar que se debe levar botas de monte pois no chan dalgún dos furados corre a auga. É curioso tamén observar como a auga nace por mananciais localizados, en realidade buratos na parede de rocha.
Nesta parte alta da ruta, abunda a foresta de piñeiros canarios sorprendentemente agarrados ás impresionantes ladeiras. Tamén medran enormes uces, moitas con colgarexos de liques que testemuñas a humidade ambiental da famosa "choiva horizontal" producida polas nubes de media altura.
Logo da primeira levada (Marcos), empata a de Cordero que é moito máis curta e de modesto caudal. Primeiro hai unha petada, incluso provista dunha cadea, e logo un miradoiro. Nesta segunda levado hai outro túnel e, pasado o ichó, comeza o descenso que de xeito continuo, vai baixando cara o fondo do barranco. A baixada é bastante dura. Nalgún treito o percorrido faise polo mesmo fondo do cavanco, ordinariamente seco, pero que en caso de choiva debe ser intransitable ou moi perigoso chegado o caso.
En torno ao quilómetro 10 de camiñada chégase a unha pista transitable con vehículos apropiados. Queda aínda visitar o miradoiro do Espigón Atravesado, unha formación rochosa certamente "atravesado" perpendicularmente ao barranco dende onde se gozan unhas impresionantes vistas sobre a paisaxe circundante (de agradecer pois a mor parte do percorrido de baixada vai moi encaixonado). Toda esta zona está poboada por un mesto bosque de laurisilva. Atravesando un túnel viario (novamente a lanterna!) chégase axiña ao estacionamento. Aínda se pode visitar (se non se fixo antes de subir) unha pequena fervenza que queda preto do Centro de Visitantes. O lugar é fermoso e especialmente indicado para visitas familiares, aínda que hai que dicir que é "de mentira" pois trátase de auga bombeada para alimentar o cadoiro... A auga, nestas latitudes, é un ben moi prezado e é capturada nada máis abrollar da terra, ou mesmo dentro dela, polo que non se ve correr en liberdade.
Como comentario xeral insistir en que a baixada pode resultar dura para persoas incluso algo afeitas a camiñar por montaña. Polo demais, como queda dito, moi gratificante.

Documentación. Nesta páxina pódese coñecer uns rascuños históricos das levadas de auga de Marcos e Cordero e outros datos interesantes: https://silvestresezcaray.com/los-nacientes-del-agua/
Waypoint

Inicio.

panoramica

Panorámica

Túnel

Túneles

Sucesión de túneles de distinta largura.
panoramica

Revoltas

Túnel

Ventá

Edificio de interés

Depósito de medida de caudal

fuente

Manacial

panoramica

Miradoiro

Túnel

Túnel 13

fuente

Manancial de Cordero

Risco

Barranco

Ponte

Ponte de pau

panoramica

Miradoiro de Espejos

Ponte

Ponte

Intersección

Sinal

panoramica

Miradoiro Espigón Atravesado

Ruinas

Caseta forestal abandoada

panoramica

Centro de visitantes (abaixo)

Túnel

Túnel da pista

parquing

Aparcadoiro

Picnic

Área de lecer.

Túnel

Túnel iluminado. Camiño á fervenza.

Fervenza

Fervenza

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta