-
-
551 m
279 m
0
7,4
15
29,69 km

Vista 87 veces, descargada 2 veces

preto de Maroñas, Galicia (España)

CINCO CONCELLOS PERCORRERÁN O SEU TERRITORIO PARA VISIBILIZAR A LUZ DA ESPERANZA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos únense para organizar a “Marcha Nunca Camiñarás Soa” o Domingo 24 de Novembro, percorrendo por relevos o seu territorio reivindicando simbolicamente a luz da saída das situacións de violencia de xénero para as mulleres.
“Nunca Camiñarás soa” é unha marcha non competitiva e reivindicativa da situación da violencia de xénero, que, a través de relevos, unirá os territorios dos concellos de Santa Comba, Val do Dubra, A Baña, Negreira e Mazaricos, nun percorrido duns 100km levando “a luz da esperanza” para superar a escuridade da violencia de xénero simbolizada nun facho de lume, similar ao facho olímpico que percorría a antiga Grecia para anunciar tempos de paz para os Xogos Olímpicos.
Os concellos participantes deseñaron un percorrido, que a través de relevos individuais ou en grupo, de diversos colectivos sociais como asociacións de mulleres rurais, deportivas, culturais e veciñais, se unan para ir superando os quilómetros, intercambiando o facho de lume que irá iluminando as poboacións que visiten. Á chegada a cada concello, acenderase un pebeteiro que ilumine durante a noite do 24 e a data do 25N nos 5 concellos, lerase un manifesto e reunirase á poboación nese fronte común que debe de ser a denuncia das situacións de violencia.
A marcha, que este ano se iniciará en Santa Comba na mañá do domingo 24, e que en futuras edicións arrancaría rotativamente en cada concello, sairá ás 8.00h da praza do campo da feira xalleiro e chegará de novo a Santa Comba sobre as 7 da tarde. No concello de Mazaricos percorrerá 28km visitando as aldeas de Maroñas, Santa Mariña, Lamelas, Bo Xesús, A Gueima, Vilar de Castro, o Mirador de Corzón, Monte Aro, Pidre, A Picota, Quintáns, Lago, Abeleiras, Os Vaos, Niñán, Agris, Montesubelo, Ribadeza, San Cosme e Grille.
A idea de colaboración pretende involucrar ó maior número de poboación e entidades posibles, sensibles a unha problemática social evidente, a da violencia, pero tratando de visibilizar que, coa axuda de todos e todas, sempre pode haber luz para saír, e dar a coñecer que as vítimas non van a afrontar a situación en soidade, senón con apoio.
Toda a xente que desexe ser relevista e participar na marcha, pode pórse en contacto cos concellos participantes, para sumarse a esta novidosa iniciativa que nace coa idea de continuidade e de loita para que ás vítimas de violencia “nunca camiñen soas”.
Formulario de inscrición como relevista:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfuVVyegqQGS2l0KWBFs1asmw8sEmwAyVId4h27yK1iEyf56g/viewform
Waypoint

Acendido de antorcha

Waypoint

Intercambio con Sta Comba

Waypoint

Intercambio con Negreira

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta