-
-
117 m
-1 m
0
4,5
9,1
18,17 km

Vista 1070 veces, descargada 9 veces

preto de Pontevedra, Galicia (España)

A ruta parte da Ponte do Burgo en Pontevedra de onde camiñamos cara o ENIL da Marisma de Alba. Neste lugar podemos observar numerosas aves protexidas e un ecosistema de gran importancia para a biodiversidade. O roteiro conflúe coa variante Espiritual do camiño de Santiago polo que contaremos con sinalización no seguinte tramo. A variante Espiritual e menos utilizada que o camiño portugués pero pasa polo Monasterio de Poio, unhas das xoias culturais da comarca. O roteiro desvíase do camiño Espiritual ao chegar a Seca onde temos a posibilidade de ver o conxunto de muíños da Freixa antes de continuar pola senda da Ostreira camiño de Campelo. A senda da Ostreira e un sendeiro moi fermoso ao carón do mar con vistas a Illa de Tambo que nos permite chegar hasta a praia de Lourido onde podemos descansar os quilómetros acumulados. O regreso a Pontevedra faise por camiños e rúas con pouco tráfico.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta