-
-
700 m
351 m
0
3,3
6,6
13,23 km

Vista 3629 veces, descargada 54 veces

preto de Melón, Galicia (España)

Imos comezar este roteiro non sinalizado polo concello de Melón no seu lugar máis emblemático, o mosteiro levantado polos monxes cirtercienses a partir do século XII, ao que se accede pola portada renacentista de Santa María e que conta con dous claustros: o da Hospedaxe (século XVII) e o das Procesións ou claustro Vello (renacentista, do séc. XVI). Dentro do conxunto atópase a igrexa abacial de Santa María de Melón cunha cabeceira románica e unha fachada neogótica posterior xa que a orixinal foi derrubada por un raio
Bordeamos os valos do recinto do mosteiro pola súa parte dereita e encamiñámonos cara ao núcleo de A Ponte (nome debido a súa ponte sobre o río da Cortella). Baixamos seguindo o curso fluvial por entre as casas ata atoparnos co río das Bouzas.
Andamos agora sobre o que era o antigo camiño a Villacastín, no cal aínda se poden ver treitos empedrados. Como neste vieiro hai algúns metros en mal estado e con matogueiras crecidas, desviámonos por un carreiro que sube pola esquerda e que logo volve a baixar para entroncar de novo co camiño de Villacastín.
Pasamos por riba de Seoane entre verdes pasteiros e, a poucos metros de deixar esta aldea, metémonos por unha corredoira por medio dunha fraga e que remata uns trinta metros por debaixo da capela de San Bieito. Subimos por algún carroucho, tendo coidado de non esvarar, ata a ermida. Aquí hai unha fonte, pero esta non é a Fonte Santa pola que pasaremos ao cabo duns cen metros, antes de O Burgo.
Proseguimos pola parte de arriba das casas e a poucos metros iremos pola pista da esquerda que conduce ao monte de Carbelo. Gozamos das fermosas vistas sobre todo o val no que está encravado Melón e máis adiante a panorámica esténdese tamén sobre o río Miño e as terras de Ribadavia e Arnoia.
Continuamos o descenso hacia Penavaqueira, onde non chegamos a entrar xa que, ao chegar a un cruceiro, viramos a esquerda para avanzar por unha corredoira entre carballos e pasando polo rego de Fontán Seco e logo, de novo, polo río da Cortella, cunha ponte quizáis de orixe romana.
O camiño levarános ata o centro de Melón, onde veremos o Calvario e, pasando a Casa do Concello, remataremos no punto de comezo: o Mosteiro de Melón.
Río Da Cortella
Tapia/Muro
Melón
Parcelas
Bosque
Capela de San Benito
Edificio
Bosque
Maleza
Bosque
Melón
Pradera
Melón
Carretera sin pavimentar
Carretera
Río Da Cortella
Bosque
Río Da Cortella
Río Das Bouzas
Tapia/Muro

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta