Tempo  4 horas 42 minutos

Coordenadas 1407

Fecha de subida 4 de noviembre de 2016

Fecha de realización octubre 2016

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.308 m
736 m
0
4,3
8,5
17,02 km

Vista 1358 veces, descargada 31 veces

preto de Ferreiros, Galicia (España)

Subida a mesa dos Catro Cabaleiros
Foi dende a Idade Media, o lugar de encontro dos Cabaleiros das Xurisdicións que confinan neste punto: A Pobra do Brollón, O Courel, Quiroga e o Incio, hoxe en día reúnense unha vez o ano os alcaldes dos catro Concellos que se xuntan nese punto(A Pobra do Brollón, Samos, O Incio e Folgoso do Courel).

Pódese subir dende distintos puntos: A Ferrería, A Raxoá,etc.. .
Esta ruta parte dende o cruce** que vai a aldea de Penadexo (Pobra do Brollón); o camiño son pistas forestais, logo dunha hora de andaina chegamos ata O Busto, aldea totalmente rehabilitada para turismo rural pero aínda sen funcionar (outubro-2016). Ao chegar a cima atopamos unha caseta forestal e o lado un punto xeodésico, dende onde teremos unhas vistas espectaculares do Courel, Ancares, Trevinca, Lugo, Monforte..... a uns 500 metros atoparemos a "mesa dos catro cabaleiros", e logo descenderemos por un cortalumes de moita pendente, para enlazar co camiño de subida.

Con tempo e para non voltar polo mesmo camiño poderíase voltar pola Veneira de Roques e logo baixar ata Capela de San Vitorio e polas aldeas de Pradelas e Penadexo.; pero xa se precisarían bastantes máis horas.

Tempo Total: 4h. 42´ (3,6 Km./h.)
Tempo en movemento: 3h. 34´ (4,8 Km./h.)

**Para chegar en coche ata ese cruce: o sair da Pobra do Brollón en dirección O Incio, tomamos unha desviación a Saá, e en A Pousa un cruce que vai a Lourente e logo collemos dirección a O Busto.

2 comentarios

  • Foto de ruixordo

    ruixordo 05-feb-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    É pena ver as montañas de escombros das mineiras.

  • xotosan 18-mar-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    En resumo: Pasear por pista de repoboación con piñeiros, subir por un cortalumes, e a vista dende a mesa dos montes escarallados polos cortalumes e as canteiras de lousa. Millor escoller outro sitio.

Si quieres, puedes o esta ruta