-
-
1.258 m
626 m
0
3,8
7,6
15,19 km

Vista 689 veces, descargada 21 veces

preto de Lobios, Galicia (España)

Precioso día e soleado este día do San Martiño. Planeamos ( Carmen, Nuria, Raquel, Pilar, Fran, Carlos e eu) facer esta ruta de senderismo, que xa coñecía e que fixera parte en bici.

Chegamos a Vilameá, despois de tomarnos un café en Lobios, e subimos ata a ermita do Xurés, rodeada de impresionantes carballos centenarios.

Esta zona é unha serra agreste formada por cantidade de formas graníticas, que parecen que se veñen encima en calqueira momento.

Empezamos a subir ata a mina das Sombras, antigüa mina de wolfranio que explotaron os alemás na segunda guerra mundial; segindo o río Vilameá /Amoreira. O camiño e bastante técnico pola constante presencia de pedra, con constantes subidas e baixadas. Partimos de 630 mts e nas minas temos 1240 mts.



Ao chegar as minas facemos unha parada para comer e descansar un pouco.
As minas están abandonadas desde fai moitos anos, as edificaciós derrumbadas e con montones de cascallos ao arredor. Dende logo non é o máis bonito da ruta.

Para volver decidimos facelo por unha alternativa para non repetir o camiño de ida. Xa tiña algo mirada pero non estaba convencido, pero como ninguén protestou alá fomos. E creo que mereceu a pena.!!!!!

Xa baixando e ao chegar a pista principal, segímola a esquerda ata chegar ao alto do Becerral. Dende eiquí seguimos un sendeiro marcado con "hitos", no que hai que ir moi atento para non perder as marcas.

As vistas son impresionantes, dominase moito angúlo de visión e dende bastante altura. Disfrutamos das vistas e do bo día...en manga corta a metade de novembro jjejej...
Baixamos constantemente rodeados de pedras e vexetación, polo que o camiño é lento e técnico. Despois de hora e media xa cheganos ao final da nosa ruta.

Gran ruta nun bo día.

Xa preparamos a próxima.



MINA DAS SOMBRAS

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta