Tempo  8 horas 51 minutos

Coordenadas 2977

Fecha de subida 7 de abril de 2017

Fecha de realización abril 2017

-
-
575 m
308 m
0
5,4
11
21,49 km

Vista 1101 veces, descargada 15 veces

preto de Brués, Galicia (España)

Unha visita as minas romanas de extracción de ouro e arsénico ata finais de 1970, lévanos hoxe a facer esta ruta que o Concello de Boborás acondicionou para que fora un importante atractivo turístico. Non sabemos se o conseguiron ou non, o que si podemos dicir é que o percorrido polos socalcos existentes onde se atopan as citadas minas, é un verdadeiro pracer, unha marabilla, un espectáculo visionario excelente, onde podemos camiñar polas ladeiras do monte, por unha levada que no seu tempo alimentaba de auga do couce do Río Viñao para que os muíños puideran moer os cereais dos veciños. As vistas dende o alto son espectaculares. Que pena que o lume queimara todo o arboredo autóctono e matogueira existente.
Unha noticia publicada polo diario A Región de fecha 07/07/2016, dicía que o grupo Esploraciones Mineras Andévalo, S.L., con sede en León, solicitou ao Concello de Boborás licencia para realizar sondaxes das minas, con vistas a unha posible extracción de ouro. A empresa xa contaba coa autorización da Xunta e unicamente estaba a espera de que o Concello lle outorgara o permiso para iniciar a explotación dos filóns.
Non sabemos que pasou, pero a fecha de esta camiñada, podemos dicir que non existen indicios de que se producisen ditas explotacións.

Iniciamos o percorrido preto de lugar de Ponte Nova. A escaso metros desviámonos cara ao río Viñao, pola súa beira imos camiñando, sorteando as árbores caídas debido ao temporal recente, ata alcanzar as citadas minas.

Continuamos camiñando e pasamos por Burés e Nogueira para penetrarnos en pleno monte pelado, e as poucas árbores que había, agora están totalmente calcinadas polos últimos recentes lumes que alguén se encarga de provocar.
Un quilómetro antes de chegar á área de lecer de San Bartolomeo da Freixa, imos atoparnos con sendeiros totalmente pechados por matogueira que así a todo pasamos ata atopar o regato de Moreiras. Temos que descalzarnos para atravesalo, o que aproveitamos para refrescar os nosos cansados pes, ata chegar ao Bar Casa Ramón, en Almuzara, repoñer forzar para continuar pola tarde e percorrer o que nos falta, outra vez pola beira do Río Viñao.

Temos de todo, subidas e baixadas pronunciadas, terra cha, todo camiñando por pistas forestais, carreiros polas beiras de río, estreitos carreiros entre matogueiras, sendeiros con pasadizos de madeira en mal estado e por último tamén algo de asfalto, non moito.

O tempo en movemento foi de 5 horas 38 minutos, con unha media de 3,8 Qm/h.

O primeiro que atopamos na beira do Río Viñao é este muíño en ruínas:


Pola beira do Río Viñao:




A levada que suministraba auga do Río Viñao aos muíños da zona:



As minas de Brués:



N42.43836° W8.13650°
N42.45108° W8.14097°

3 comentarios

  • Foto de Club Acivro

    Club Acivro 04-dic-2018

    Estimado dasparrandas:

    Quería preguntarte por la ruta, si tiene suficientes atractivos y merece la pena para ser recorrida, por su belleza, porque no tenga asfalto, etc.

    Un saludo y muchas gracias
    Club Acivro

  • Foto de Dasparrandas (José Luis Porto)

    Dasparrandas (José Luis Porto) 05-dic-2018

    Bos días:
    Dicirvos que non é aconsellable facela nesta época do ano, mellor cando non se atopen os ríos tan cheos de auga.
    Como digo no comentario da ruta, temos de todo, asfalto tamén, principalmente para desprazarnos ao bar e retomar de novo pola tarde a ruta.
    Tamén digo, e se mal non recordo, tivemos algún problema para poder pasar por un carreiro moi pechado por matogueiras preto da área de lecer de San Bartolomé da Freixa. No regato de Moreiras que atopamos a continuación tamén temos que descalzarnos para cruzalo.
    A pesar de estes contratempos, pensamos que merece a pena facela, principalmente para visitar as minas de Brués.
    Fixémola de novo co grupo Sendereando en maio de este ano. Déixoche o enlace para que a mires. Fixemos algún cambio con respecto a esta, principalmente para evitar o camiño pechado e o regato.

    MINAS DE BRUÉS (https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/minas-de-brues-24699723)

    Espero que che sirvas estes comentarios para a túa decisión.
    Un Saúdo

  • Foto de Miguel_Garcia

    Miguel_Garcia 05-dic-2018

    Grazas polas túas aportacións. Tomamos nota.

Si quieres, puedes o esta ruta