Tempo  5 horas 55 minutos

Coordenadas 2367

Fecha de subida 25 de febrero de 2018

Fecha de realización febrero 2018

-
-
524 m
164 m
0
5,0
10
20,02 km

Vista 1074 veces, descargada 34 veces

preto de A Igrexa, Galicia (España)

Ruta polos concellos de Negreira e Mazaricos, que segue con pequenos cambios a ruta feita por aconsalpe:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?pic=rutas-senderismo&slug=de-a-iglesia-al-mirador-del-cotro-fervenzas-de-vao-fervenza-de-santa-leocadia-y-fervenza-de-chacin&id=22337222&rd=es

Comezamos a ruta na Igrexa de Agrís (Negreira) e por pistas maiormente asfaltadas, chegamos ao Miradoiro do Cotro (km. 5,2), lugar onde converxen os concellos de Negreira, Mazaricos e Serra de Outes. Miradoiro cunhas vistas espectaculares sobre a desembocadura do río Tambre e nun día despexado dise que pode verse o Piso Sacro e perto de 20 concellos distintos (no abrente de hoxe non era tanta a visibilidade).
Descendemos por un cortalumes e enlazamos con pistas de terra e camiños que nos levarán o encontro co rego do Vao da Denociña ( km. 7,5). Camiñaremos pola súa marxe esquerda que aínda conserva un bosque autóctono precioso, non é así toda a fraga, xa que parece que fai uns anos cortaron carballos centenarios ( ver:
http://blogueiros.axena.org/2014/01/13/destruccion-fraga-santa-leocadia/ ).
Este tramo ata o km. 9,1 é o mellor da ruta, pero tamén o máis perigoso principalmente en épocas de chuvia; esixe camiñar amodo para non esvarar.
O noso paso atoparemos fervenzas e saltos, xa o final do descenso despois da Fervenza de Santa Locaia, cruzamos o río (con moito perigo de esvarar nas pedras) Senón queremos arriscar seguimos pola mesma beira do río uns 100-200 mts. ata chegar a estrada Outes-Pino de Val e a dereita xa temos a Ermida de Santa Locaia e San Brais).
Seguimos por esta estrada ata Vilariño de Chacín, e logo ata Santa Baia, onde nos atoparemos coa Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Chacín (totalmente derruída). Collemos un camiño a dereita na parte baixa da Igrexa, e a 900 mts. outro a esquerda (km. 12,7) co que enlazamos co Río de Santa Baia; cruzamos a ponte, e a dereita, cruzando unhas leiras, atopamos o seu afluente o Rego do Carteliño e camiñando a beira do que parece unha levada ou unha presa de regar (con certo perigo de esvarar) chegaremos ao pé da fermosa Fervenza de Chacín. (Tamén se pode chegar a ela dende a aldea de Vioxo).
Voltamos polo mesmo camiño e por un cortalumes con forte pendente enlazamos coas pistas dos eólicos. No km. 14,4 para acortar un pouco, non seguimos a ruta de aconsalpe, seguimos polas pistas dos eólicos para enlazar con Campolongo e voltar o comezo da ruta.
Ruta con bastante asfalto pero moi recomendable, as fervenzas e a fraga do Vao da Denociña (Aquabril) espectaculares. As dificultades que podemos atopar veñen dadas polo perigo de esvarar en épocas de chuvia.

Distancia: 20 km.
Tempo total: 5h. 55´ (3,38 km./h.)
Tempo en movemento: 4h. 11´ (4,8 Km./h.)
Waypoint

Agrís

Waypoint

Campolongo

Waypoint

Cortalumes

Waypoint

Cruzar río

Para non cruzalo, hai que seguir 100-200 mts. ata a estrada.
Waypoint

Depósito de auga

Waypoint

Desviación ruta

Waypoint

Ermida de Santa Locaia e San Brais

Waypoint

Fervenza de Chacín

Waypoint

Fervenza de Santa Locaia

Waypoint

Fervenza no Vao da Denociña

Waypoint

Mirador Alto do Cotro

Waypoint

Ponte sobre rego

Waypoint

Rego Vao da Denociña

Waypoint

Vilar de Abaixo

Waypoint

Vilar de Arriba

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta