Coordenadas 3053

Fecha de subida 13 de mayo de 2018

Fecha de realización mayo 2018

-
-
630 m
18 m
0
4,7
9,3
18,64 km

Vista 173 veces, descargada 13 veces

preto de Domaio, Galicia (España)

Iniciamos esta ruta na estrada próxima ao lado leste do campo de golf de Domaio, facémolo en continuo ascenso ata atoparnos co Chan da Arquiña, parque forestal aos pés do Monte Faro, en cuxo cumio se atopan toda clase de antenas. Dende este cumio pódese ver as extraordinarias vistas das rías de Pontevedra e Vigo, coas illas Cíes e Ons ao lonxe.

A partir de este punto toca baixar por pistas forestais, sempre ollando o mar con excelentes vistas. Aínda que é baixando, sempre atopamos ramplas que fan de este percorrido un bo tobogán.

Continuamos descendendo ata atoparnos con Rego da Freixa, inicio ou final do sendeiro da Freixa-Poza da Moura que percorremos pola súa beira, cuxas augas baixan formando pequenas fervenzas entre rochas. Neste sendeiro vemos unha boa cantidade de muíños, a maioría en estado ruinoso, que deixan unha bonita estampa ao noso paso.

Un pouco antes de chegar a Domaio, xantamos en Casa Ríos, para pola tarde continuar a nosa camiñada polo paseo marítimo. Xunto a igrexa parroquial desviámonos para comezar unha forte subida ata o inicio da ruta que nos leva a cruzar por un novo paso elevado da recente remodelada autovía AG46. Xusto ao cruzar atópase a Poza da Moura, un remanso do rego Miñouva. No seu entorno existen uns muíños e unha boa poza onde é normal ver nela xente bañándose.
Conta a lenda que un personaxe mitolóxico galego como é o das “ mouras”, está aquí presente . Segundo dise, a este lugar chegou un mouro coa súa fermosa filla, a cal se namorou dun campesiño. O pai, contrario a esta relación deu morte ao campesiño moi preto da poza. A filla, chea de dor, afundiuse na poza para sempre. Dende entón, dise que polas noites vese na beira, peiteándose os seus longos cabelos. Tamén din que nas noites máxicas como na de San Xoán, os seus queixumes escóitanse nos arredores.

Despois de desfrutar de este vello paraxe continuamos subindo pola beira de campo de golf ata o inicio de esta bonita ruta.

O asfalto que atopamos encontrámolo nos núcleos urbanos, o demais son pistas forestais, camiños e carreiros, todos en moi bo estado.

Tempo en movemento 5 horas 44 minutos con unha media de 3,3 quilómetros hora.
N42.30293° W8.68045°
N42.28938° W8.68532°

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta