Tempo  unha hora 6 minutos

Coordenadas 215

Fecha de subida 11 de agosto de 2015

Fecha de realización agosto 2015

-
-
264 m
152 m
0
0,7
1,3
2,68 km

Vista 1646 veces, descargada 60 veces

preto de Randufe, Galicia (España)

Monte Aloia. Muíños do Tripes.
Trátase da proposta de senda circular incluida entre as 5 rutas do Centro de Visitantes do Monte Aloia.
Existe unha ruta lineal circular, que pode levar a confusión no tocante aos camiños a seguer (de feito, no medio da ruta hai un panel "Roteiro dos Muíños do Tripes" que non se corresponde coa senda circular da proposta das 5 rutas do Centro de Visitantes... ollo, non confundir unha coa outra!).
Os Muíños están en moi bo estado, existe unha Asociación de "Muiñeiros do Tripes" que está a facer un traballo inmenso para recuperar estas construcións, e tamén organizan algunhas rutas guaidas, con demostración de moenda e outras actividades, que podedes consultar no blog http://muineirosdotripes.blogspot.com.es/
Temos que dicir que case é prefereible facer a ruta lineal de ida e volta, porque a partir de que vira para seguer a senda circular a verdade é que o camiño é menos agradable e non aporta moito.
É aconsellable aparcar na área recreativa de Circos (parroquia de Pazos de Reis, Tui).
Area recreativa de Circos. Zona con mesas e bancos, lavadoiro e bastante espazo para deixar o coche.
Panel informativo con mapa
Camiño a carón do río
Ponte e muíños
Panel informativo con foto aérea. Ollo que o panel é doutra ruta, neste caso lineal. E ollo tamén a que nese panel hai un erro tremendo e indica o típico "vostede está aquí" onde non corresponde. O único que paga a pena do cartel é un par de fotos do interior dos muíños.
Muíños da Devesa
Muíños
Ponte e muíños
Banco-Moa
Escultura arbórea
Intersección. Perdeuse un anaco a sinal de GPS e por iso indica unha cousa rara (en plan dar unha volta en círculo) pero o camiño é claro e está ben indicado (alomenos ata aquí... a partir do poste indicador do Punto 10, andade con ollo porque é relativamente doado pasarse un par de desvíos).
Virar á dereita. Punto 10. Moito ollo que o poste deste punto non se ve con facilidade!!!

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta