-
-
374 m
233 m
0
1,1
2,1
4,26 km

Vista 3316 veces, descargada 27 veces

preto de Santiago de Compostela, Galicia (España)

OS XARDÍNS E O BUXO (Buxus sempervirens)
O buxo é un arbusto europeo de tronco moi ramificado e crecemento moi lento, polo que pode chegar aos 600 anos. O nome de buxus provén de gobelete, en alusión á forma do seu froito, e sempervirens significa sempre verde, porque non perde as follas no inverno. Dende época clásica se utiliza para demarcar xardíns formando sebes, porque é perenne e soporta ben a poda. Trala caída do Imperio Romano, o seu uso perdurou ata os nosos días, aparecendo frecuentemente nos xardíns dos pazos.
A súa boa madeira úsase en ebanistería, pero limitada polo seu tamaño: placas de xilografía, culleres de cociña, paus para facer encaixe de Camariñas, as bolas da Lotería do Nadal, pezas do xadrez (as negras tinguidas de negro para imitar o ébano) e para as pezas delicadas dos instrumentos musicais: as gaitas, violíns,... É unha das poucas madeiras máis densa que a auga, polo que non flota, e a súa dureza deu lugar ao dito “Forte coma un buxo”

ABASTECEMENTO DE AUGAS DA CIDADE:
Os primeiros datos que atopamos sobre o abastecemento de augas á cidade son da época do bispo Sisnando (880-920) na que se constrúe un conduto subterráneo de auga cara a Catedral e que en 912 se cede parte do seu caule ao mosteiro de San Martiño Pinario, pois o trazado pasaba preto aos seus agros.
Ao redor da cidade, na muralla defensiva construída polo bispo Cresconio no século XI, se situaban unha serie de fontes, así como no interior da cidade onde estaban a da Raíña, San Bieito ou Tronos, situada diante da fachada da Azibechería. As augas que manaban de Fonte Sequelo, San Pedro e a do Franco nacen onde están, mentres que as outras da cidade veñen encanadas e teñen o seu nacemento nas aforas da cidade, no barrio de Vite.
Sabemos polas ordenanzas que no século XV San Miguel dos Agros se denominaba San Miguel da Cisterna, pois aquí se situaba o depósito principal de augas da cidade, o primeiro de forma circular pero que en 1748 se reconstrúe en forma cadrada.

A MURALLA E AS PORTAS DA CIDADE:
No ano 968 Sisenando II amurallou a zona arredor da Catedral, conformando o Locus Sancti Iacobi, pero esta defensa foi destruída na rafia de Almanzor de 997. Co auxe da peregrinación á cidade e o medo ás incursións normandas e árabes, o bispo Cresconio decidiu construír outra muralla moito maior, duns 2 km. de contorno e que cercaba 30 ha
Esta muralla tiña en orixe sete portas de acceso que coincidían cos principais camiños a Compostela, pero ao largo dos séculos fóronselle añadindo outras como a da Pena no século XIII ou outras menores para uso peonil nos séculos XIV e XV. A partir de entonces, as murallas van perdendo a súa utilidade e terminan por desaparecer, conservándose algúns restos entre os que destaca o arco de Mazarelos.
O trazado da muralla é visible no plano da cidade, pois aglutina as construcións do casco histórico nunha améndoa, deixando fora a maioría das fontes e os espazos mais diáfanos, como é o caso das hortas e os mosteiros cos seus agros.

CEDRO DO HIMALAIA (Cedrus deodara)
Os cedros son coníferas de gran tamaño, con follas perennes e cortas recollidas en ramalletes. Proveñen do sueste de Asia e o do Himalaia distínguense dos outros cedros por ter as pólas novas colgantes, polo que tamén se lle chama cedro chorón.
O cedro é a árbore mais citada da Biblia, pois a súa madeira é apreciada dende antigo pola súa durabilidade, e se empregaba na construción no Antigo Exipto ou no primeiro Templo de Xerusalén. É unha madeira nobre, de cor vermella, de boa calidade, que ten a característica de non podrecer polo que se usaba en construción naval. Tamén se emprega para facer instrumentos musicais como guitarras ou na fabricación de lapis.
É moi resistente, tanto aos ataques fúngicos como ás termitas. Debido a que os insectos evitan esta árbore, e polo seu bo aroma, é moi apreciado para facer caixóns para a roupa branca. Co zume obtense aceite esencial de cedro que se usa en aromaterapia e tamén como repelente de insectos para os cabalos, vacas e camelos. Os exipcios xa o empregaban para embalsamar ás súas momias.

A FAIA (Fagus sylvatica)
A faia é unha árbore de gran porte que pertence á familia das Fagaceas, xunto cos carballos ou castiñeiras. É endémica de Europa e forma os bosques máis característicos das rexións húmidas. En Galicia está presente nos bosques caducifolios xunto co carballo, ambos de folla caduca o que os permite adaptarse aos meses nos que as temperaturas poden baixar de 0º.
A folla é ovalada e cos nervios moi marcados, de cor verde intenso adquirindo tonalidades ocres e pardas ao chegar o outono. Forman unha pantalla que intercepta a luz porque teñen o pecíolo curto e porque se colocan perpendiculares aos raios solares, podendo xirar cando hai demasiado calor poñéndose mais oblicuos e poder regular a transpiración.
O nome deriva do latín fagus que significa comestible, facendo referencia ós seus froitos, os faiucos. Estes amargan cando están crus polo que se utilizan como alimento para o gando. Prensados dan aceite para cociñar, alumear e fabricar xabóns.
Protexe o solo ao xerar humus de gran calidade, e moitas especies de animais silvestres viven asociadas aos faiales. A cortiza é lisa e gris, sobre a que soen crecer líquenes. A madeira é moi apreciada en ebanistería pois é boa de traballar. Úsase para fabricar mobles, especialmente os curvados, en formas de zapatos, mangos de ferramentas, toneis, etc.

MIRADOIRO DO MONTE DE DEUS:
Antes da construción do miradoiro, só uns poucos veciños coñecían as fermosas vistas que da cidade e a súa contorna se poden contemplar dende o alto de Vite. A súa atalaia superior atópase a 375 metros de altitude, e nesta zona atópase unha mina de auga que abastece o depósito de auga situado na parte baixa da parcela, ademais duns humedais creados a partir dos ocos abertos pola extracción de pedra.
A parcela está ocupada por piñeiros vellos, e repoboada con especies autóctonas con menor índice de piroficidad coma os carballos, castiñeiras ou faias. Tamén atopamos arbustos como breixos, toxos e silveiras.

1 comentario

  • Foto de susana la

    susana la 20-sep-2018

    He realizado esta ruta  ver detalle

    No conocía ese monte, está genial. Gracias

Si quieres, puedes o esta ruta