Tiempo en movimiento  unha hora 39 minutos

Tempo  unha hora 58 minutos

Coordenadas 1024

Fecha de subida 31 de diciembre de 2018

Fecha de realización diciembre 2018

-
-
248 m
11 m
0
1,4
2,8
5,58 km

Vista 71 veces, descargada 7 veces

preto de San Francisco, Galicia (España)

A nosa ruta empeza no Faro de Monte Louro, ó que se chega moi facilmente en coche collendo á esquerda dende a AC-550 moi preto de Louro.
O faro branco, moi pintoresco, luce moi bonito fronte ó océano Atlántico. Unha mágoa que teña varias pintadas nas paredes. Percorremos a península do monte en sentido horario. O tramo inicial carece prácticamente de pendentes e discorre xunto ó mar. O camiño é a típica pista de terra para vehículos, cómoda, con algún que outro charco.
Deixamos atrás unhas vistas espectaculares da lagoa de Louro e da praia de Area Maior e xa o camiño ponse costa arriba, suavemente ó principio. Collemos á dereita nun par de cruces bastante seguidos e, a partir do segundo cruce, o camiño cambia e tórnase máis estreito, alternando terra e pedras. As vistas de Louro e Muros son fantásticas tamén. Canto máis nos achegamos á primeira cima, máis acusada é a pendente de subida, con algúns tramos de subida polas rochas.
A primeira recompensa chega coa primeira cima: unhas vistas magníficas da ría de Muros e Noia, a lagoa, as praias de Area Maior e Lariño, e o cabo Fisterra ó lonxe.
Continuamos cara a segunda cima, a máis alta, esta vez sen a nosa cadela que non podía superar o tramo de baixada polas rochas. Éste é un treito complicado pola ausencia de camiño marcado e o tamaño grande das rochas, que obligan a saltar e trepar. A subida final é bastante sinxela, con pendente constante e camiño marcado.
A segunda cima é verdadeiramente espectacular, coa vista do océano Atlántico diante e a ría de Muros e Noia detrás. O esforzo paga a pena.
Voltamos polo mesmo camiño ata o segundo cruce. A baixada non resulta especialmente complexa. No cruce tomamos á dereita e baixamos por unha pista de terra para vehículos ata enlazar coa calzada asfaltada do Faro. Finalmente, seguimos esta calzada ata o Faro, deixando a ría á esquerda e os pinares á dereita. Tivemos a sorte de disfrutar dun solpor inolvidable á nosa chegada ó Faro de Monte Louro, onde rematamos a nosa andaina.
Vista da praia de Area Maior no comezo da subida
O primeiro tramo do camiño é unha pista de terra cómodo, con algúns charcos
Despois deste cruce o camiño vólvese máis estreito e empinado, alternando terra e rochas
Cima! Vistas espectaculares. A partires deste punto a nosa cadela non puido seguir por mor do tramo de rochas seguinte.
Neste tramo o camiño non está marcado e hai que saltar e trepar por varias rochas grandes. Pode ser complicado para nenos pequenos.
Cima! De novo, vistas espectaculares, sobre todo do inmenso océano Atlántico fronte a nós.
Neste cruce collemos á dereita e baixamos por unha pista de terra ata a calzada asfaltada do Faro.
O tramo final da ruta transita pola estrada asfaltada do Faro de Monte Louro, con pinares á dereita e a ría á esquerda.
Fomos moi afortunados de poder ver este asombroso solpor no Atlántico. Un fin de ruta inmellorable!

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta