Tempo  unha hora 7 minutos

Coordenadas 390

Fecha de subida 3 de octubre de 2014

Fecha de realización octubre 2014

-
-
295 m
193 m
0
1,0
2,0
3,94 km

Vista 530 veces, descargada 11 veces

preto de A Guarda, Galicia (España)

Senda circular polo Monte Trega da Guarda, moi doada de facer e con boas panorámicas, en zonas non transitadas por coche e coa opción de desviarse para visitar o poboado castrexo e o Pico de San Francisco.
Hai zonas con bancos para descansar e fai un percorrido circular que desfruta de vistas do porto da Guarda, do Atlántico e da Desembocadura do Río Miño.
O Punto de Partida/Chegada para deixar o coche é na pista á man dereita según se sube, indicado co cartel "Novo campo de Chans", xusto antes da caseta de acceso en vehículo ao Monte Trega.
Nesta intersección cómpre tomar o camiño do Barrio da Cruzada, mais na seguinte intersección é importante estar atent@ para evitar continuar nesta senda 122.3, xa que entón baixaríamos á zona habitada da Guarda.
Vista do porto da Guarda
Nesta intersección pódese optar por desviarse da ruta e ir ao alto do Monte Trega (a uns 650 metros da intersección, nun camiño con bastante desnivel) ou subir tan só uns 20 metros ata un mirador, que é a opción que aconsellamos para logo voltar á senda indicada.
Mirador. Tomando o desvío para Santa Trega a man esquerda (logo voltar á intersección, camiño a Camposancos). As vistas dende o mirador son moi boas e paga a pena desviarse uns metros do camiño. Ese mesmo desvío tamén leva ao Alto de San Francisco, xa a 600 metros en zona de bastante pendiente.
Vista de Caminha e río Coura (Portugal)
Zona repoboada, con varios bancos e mesas. Chama a atención o grande eucalipto preto do vello campo de fútbol.
Salcidos e río Miño

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta