• Foto de Montes de Vigo I. Nómadas
  • Foto de Montes de Vigo I. Nómadas
  • Foto de Montes de Vigo I. Nómadas
  • Foto de Montes de Vigo I. Nómadas
  • Foto de Montes de Vigo I. Nómadas
  • Foto de Montes de Vigo I. Nómadas

Tempo  6 horas 18 minutos

Coordenadas 1485

Fecha de subida 5 de diciembre de 2015

Fecha de realización diciembre 2015

-
-
577 m
94 m
0
4,0
8,0
16,09 km

Vista 1102 veces, descargada 31 veces

preto de Chandebrito, Galicia (España)

POLOS MONTES DE VIGO I. Con Nómadas.
5 de decembro de 2015

A ruta parcial polos Montes de Vigo resulta espectacular para un sendeirista. De recorrido circular, partindo e regresando ao monte Alba, transcurre por paraxes das parroquias viguesas de Valladares, Matamá e Comesaña, rodeando o Freixo por sendas arboradas sin cruzar ningún núcleo veciñal, apenas unha pasada tanxencial polo Outeiro de Casás na parroquia de Comesaña. Especialmente sorprendente por transitar polo concello de Vigo, que acolle un área urbana moi extensa e que se mantén principalmente pola industria e o polo seu porto; pero o territorio está cheo de tesouros naturais e etnográficos inimaxinables.

Ao pouco de empezar, despois da primeira subidiña, dispoñemos de amplísimas panorámica do Concello e máis alá (o Navia Novo, o innomeable HAC, o Morrazo, o Meixoeiro,...) dende a capela do monte Alba ou de San Bartolomeu (507 m) e dende o vértice xeodésico do monte Cepudo (527 m).

Despois da baixada dende o Cepudo transítase pola fermosa senda cara a canteira de Canaval, do Concello de Nigrán, despois de entrar un pouquiño no de Gondomar, casi nada. Vólvese rápidamente a Vigo entrando polo Zondal (Valladares-Freixo).

O Zondal fora un vertedoiro de Vigo que se explotou ata o límite con lixo de todo tipo que xeneraba a cidade en cantidade de 150 Tm diarias; hoxe está selado e ofrece unha imaxe bucólica con vacas pacendo a herba verde sobre a montaña de residuos que ferve non se sabe que cousa. Dende as proximidades unha vista do Oeste da cidade urbanizada, co Navia-novo ven visible.

De seguido un dos tramos máis fermosos: os muiños de Talliños na parroquia de Comesaña, tamén usados polos veciños do Freixo, e a fervenza de As Lapas localizada na parte baixa do regato de Talliños; imaxes impresionantes que acreditan unha fermosura natural e etnográfica do concello de Vigo que non precisa de máis difusión para non caer nesa moda invasiva, depredadora, de presentarse a moreas nos puntos "máis marabillosos do mundo". Estes santuarios son para descubrir en pequenas doses, camiñando, integrándose coa naturaza e a paisaxe, sin asfalto, sin papeleiras (o lixo que se xenera vai de volta con quen o trouxo), sin tendas de imáns para frigorificos...

En varios tramos de xornada coincídese con sinalizacións dos "Sendeiros locais de Vigo" que é un proxecto no que participa a concellería de Medio Ambiente do Concello de Vigo e a Mancomunidade de Montes de Vigo (Montes de Vigo). Ampliar información en http://slmatama-comesana.blogspot.com.es/

O Castro de Casás, en Comesaña, ofrece outra vez máis amplas vista á cidade de Vigo, ao Morrazo, ás Cíes; con perfecta visibilidade dos adefesios urbanísticos da torre de Toralla e dos apartamentos de Coruxo. Téñense atopado restos da idade de ferro e da romanización; anque está sin escavar hai pezas no Museo Quiñones de Léon procedentes deste castro.

O parque forestal de Maruxento é un espazo acomodado para o xantar, que tamén se pode facer en múltiples puntos do recorrido. Albergue do Freixo que da asistencia aos peregríns que fan o Camiño Portugués de Santiago pola costa. Monte dos Pozos, con panorámica, lago artificial e restaurante. O tramo final en subidiña de menos dunha hora remata no parque de esculturas do monte Alba para disfrutar dos últimos raios do espléndido día soleado.

16,1 Km Duración: 6 h 18 min
En movemento: 4 h 29 min. ( 3,6 Km/h de media)

Reportaxe fotográfica en Facebook.
https://www.facebook.com/ignacio.oliveiralopez/media_set?set=a.928882440532238.1073741899.100002314719957&type=3&pnref=story

1 comentario

  • Foto de jotrico

    jotrico 10-sep-2016

    Felicidades, Ignacio.
    Una ruta estupenda por el Vigo rural y montañoso que hemos hecho esta mañana los de www.sendereando.es.
    Gracias por compartirla.

Si quieres, puedes o esta ruta