Tempo  4 horas 20 minutos

Coordenadas 800

Fecha de subida 29 de octubre de 2015

Fecha de realización octubre 2015

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
86 m
10 m
0
2,0
4,0
8,0 km

Vista 4106 veces, descargada 176 veces

preto de Dexo, Galicia (España)

A costa de Dexo, no concello de Oleiros, é un espazo natural de gran riqueza biolóxica, declarado Monumento Natural no ano 2000 e recoñecido como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria, estando integrado dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos.

O noso percorrido comeza a carón da igrexa de Santa María de Dexo, femoso exemplo do románico rural galego do século XII. Ao longo da súa historia sufriu numerosas reconstrucións, unha das máis importantes foi levada a cabo en 1991, cando se procedeu a desmontar pedra a pedra gran parte da mesma.

Deseguido, e a través dun bosque mixto, acadamos a zona costeira formada por numerosos cantís, furnas e illotes que se estenden por un dos treitos litorais mellor conservados do Golfo Ártabro, sendo un espazo de grande interese xeomorfolóxico e de elevadísimo valor paisaxístico.

Pasaremos polo antigo porto de Dexo que constituia un refuxio natural onde as pequenas embarcacións pesqueiras amarraban e grazas a un guindastre, aparello de elevación, descargábase a pesca. O seu forte mar ofrece unha gran variedade de especies: polvos, percebes, centolas, nécoras, sargos, congros, robalizas, etc. De fronte poderemos observar A Marola, illote no que o mar rompe con forza as súas ondas.

Logo de atravesar un piñeiral acadamos unha zona na que o mar foi creando unhas covas mariñas que co tempo chegaron a abrirse por enriba, formándose así unhas furnas polas que a auga sobe con bravura e que son a furna do Ollo Grande, a da Regocha e a do Ollo Pequeño.

A Seguinte parada será no Seixo Branco onde chama a atención a veta formada maioritariamente por seixo, que lle dá nome a este lugar. Este rechamante filón de cor branca, único nesta costa, formouse con posterioridade aos cantís dos arredores: o magma (rocha fundida) ascendeu desde o interior da Terra aproveitando unha fenda entre os xistos e rápidamente se solidificou preto da superficie tras arrefriarse. Co paso do tempo a rocha foise erosionando adoptando o aspecto que vemos hoxe.

A partires de aquí o roteiro vira polo interior cara a igrexa de Dexo, inicio da nosa andaina.

Ver más external

Antiga batería militar, agora en ruínas, en Seixo Branco.
Camiño de regreso a Dexo.
Camiño de regreso a Dexo.
Litoral de Dexo.
Hórreo en Dexo.
Punto de inicio do roteiro ao carón da igrexa de Dexo.
Furna mariña no litoral de Dexo.
Furna na costa de Dexo.
Furna mariña preto de Seixo Branco.
Igrexa románica do século XII, en Dexo, concello de Oleiros.
Mirador sobre a costa, no Seixo Branco.
Bosque de piñeiros no porto de Dexo.
Antigo e pequeno porto, en Dexo.
Afloramento de seixo en forma de veta.
Punto de vistas panorámicas sobre a costa.

3 comentarios

  • helmut.hoelzler 13-jul-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Really lovely trail, good with kids. Enough shadowy bits even on very sunny days.

  • Foto de D.Barreira

    D.Barreira 15-ene-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Muy asequible para todos los públicos. Una ruta imprescindible si eres de Coruña.

  • nicobaudu.nb 09-dic-2018

    Lo hemos pasado muy bien en familia 👍👍👍

Si quieres, puedes o esta ruta