• Foto de Muíños da Rocha (Arbo)
  • Foto de Muíños da Rocha (Arbo)
  • Foto de Muíños da Rocha (Arbo)
  • Foto de Muíños da Rocha (Arbo)
  • Foto de Muíños da Rocha (Arbo)
  • Foto de Muíños da Rocha (Arbo)

Coordenadas 1152

Fecha de subida 10 de febrero de 2010

Fecha de realización enero 2010

-
-
270 m
77 m
0
3,0
6,0
12,0 km

Vista 7682 veces, descargada 107 veces

preto de Arbo, Galicia (España)

Esta é unha ruta circular non sinalizada polos predios, viñedos e muíños de A Rocha, no concello de Arbo.
Un bo sitio para comezar pode ser a igrexa parroquial de Santa María, moi preto do instituto e da estrada PO-400, logo baixamos hacia o barrio de Ferral e acadando a estrada, subimos buscando o río Cea. Proseguimos por A Viña Vella e A Chan da Ponte e atoparémonos co rego Leburizo, nunha contorna cun bosque de galería. Este pequeno regato hai que vadealo, non tendo ningunha dificultade sempre que non se faga en tempos de moita chuvia.
Entre viñedos, pasamos por O Curro e o lugar de A Lavandeira, despois subimos a Fontán e unha corredoira condúcenos a máis viñedos. Baixamos a procura do río Cea de novo, e pasando un piñeiral, un pouco máis adiante, camiñamos por unha levada que vai ata A Barreira. Fixemos deste xeito o bucle máis grande do noso circuito.
Antes de chegar ao lugar de A Rocha, viramos a esquerda para seguir entre leiras e viñedos e tendremos que vadear outro pequeno rego (ide con pouca chuvia), e xa estamos na parte de arriba do parque etnográfico dos muíños da Rocha. Vemos o muíño de O Coto (a volta veremos os outros) e continuamos, cruzando a estrada, hacia outra zona con tres muíños: os de A Laxe do avó, con bos exemplos da tipoloxía de cubo.
Retrocedemos, vendo a fonte do Enxeño, e, agora sí, pasamos a beira dos tres muíños da Rocha que nos faltaban: da Duca, do Medio e do Cubo. Pola levada que segue aos muíños, continuamos hacia os lugares de A Rocha e A Barreira. Aquí subimos a esquerda para pasar por o piñeiral que está por riba da igrexa de Santa María, remate da nosa camiñata.

Camino
Camino
Camino

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta