• Foto de Muíños de Freaza e montes de Gargamala
  • Foto de Muíños de Freaza e montes de Gargamala
  • Foto de Muíños de Freaza e montes de Gargamala
  • Foto de Muíños de Freaza e montes de Gargamala
  • Foto de Muíños de Freaza e montes de Gargamala
  • Foto de Muíños de Freaza e montes de Gargamala

Coordenadas 469

Fecha de subida 1 de enero de 2009

Fecha de realización enero 2009

-
-
668 m
344 m
0
4,2
8,4
16,77 km

Vista 6778 veces, descargada 131 veces

preto de Junqueiras, Galicia (España)

Comezamos a camiñar en Freaza, lugar pertencente ao concello de Fornelos de Montes e dirixímonos aos muiños de Freaza, restaurados pola comunidade de montes de Traspielas. Veremos os muiños de Agosto, do Cubo e do Medio, todos eles da tipoloxía de muiños de cubo.
Seguimos polo val do río Freaza ou Barragán (ten eses dous nomes) cara ao seu nacedeiro por unha zona onde é doado var greas de cabalos entre praderías.
Chegamos a un corto treito de poucos metros en común co sendeiro Muiños de Gargamala e, xa no concello de Mondariz, encontrámosnos cos petróglifos de Gargamala de diferentes tipos: cruciformes, circulares, ferratiformes, reticulados, ballestas, zoomorfos, formas humanas e coviñas.
Perto de aquí está tamén o foxo do lobo de Gargamala, que veremos. Os foxos son construccións tradicionais adicadas a captura do lobo que constan de muros de pedra en forma de funil, que na súa parte máis estreita teñen un burato de grande altura para impedir que o animal poida sair. Os veciños organizábanse en grupos para asustar ao lobo facendo barullo. Dirixíanno cara ao foxo, onde finalmente caía e era sacrificado.
Seguimos ascendendo cara aos montes de Traspielas, de novo en Fornelos de Montes e pasamos por un bidueiral e por unha canteira de pedra do país.
En continuo descenso imos cara a Freaza, punto de comezo e remate da ruta.
26-DIC-08 13:14:54 - 26-DIC-08 13:14:54
26-DIC-08 13:52:18 - 26-DIC-08 13:52:18
26-DIC-08 14:17:14 - 26-DIC-08 14:17:14
26-DIC-08 14:41:15 - 26-DIC-08 14:41:15
26-DIC-08 15:42:08 - 26-DIC-08 15:42:08
26-DIC-08 15:38:12 - 26-DIC-08 15:38:12
26-DIC-08 15:45:32 - 26-DIC-08 15:45:32
26-DIC-08 13:17:37 - 26-DIC-08 13:17:37
Carretera De Fornelos De Montes a Freaza - Carretera De Fornelos De Montes a Freaza
26-DIC-08 11:52:22 - 26-DIC-08 11:52:22
26-DIC-08 11:59:55 - 26-DIC-08 11:59:55
26-DIC-08 12:03:26 - 26-DIC-08 12:03:26
26-DIC-08 13:03:39 - 26-DIC-08 13:03:39
26-DIC-08 12:52:37 - 26-DIC-08 12:52:37
26-DIC-08 12:32:56 - 26-DIC-08 12:32:56
Río Barragán o Freaza - Río Barragán o Freaza
26-DIC-08 12:41:21 - 26-DIC-08 12:41:21

6 comentarios

  • Foto de edoarado

    edoarado 15-mar-2009

    Feromoso lugar. Fixen unha variante da tua ruta, atallando dende o foxo do lobo de novo cara o cruce sobre o Barragan.



    Cando fixen o Sendeiro das Greas pasei polo foxo de Coto de Eira e logo entereime de que había outro preto, en Gargamala, pero non o din atopado ata que colgaches esta ruta.



    Moitas gracias por compartila.



    Por certo. ¿Sabes se están tratando de reabilitalo PR-G 15? E que atopamos paneis indicadores novos nos petroglifos e no foxo do lobo e da impresión de que pretenden recuperalo lugar.



    Un saudo

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 16-mar-2009

    Descoñezo se teñen intención de volvelo remarcar o PR-G 15. Os paneis xa estaban cambiados cando fixen a ruta. Un saúdo.

  • Foto de FreeCat

    FreeCat 08-ago-2009

    Hola.
    Mi pareja y yo hicimos recientemente esta ruta, y he de reconocer que tiene su encanto. Vimos conejos, muchas vacas y también caballos.
    También reconozco que es recomendable llevar GPS e importar la ruta, pues es muy fácil desviarse de la trayectoria al no haber ninguna marca en los cruces de caminos.
    Un saludo.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 08-ago-2009

    Ola FreeCat: desde logo sentido da orientación non che falta porque como ti dis esta ruta non está sinalizada. A fixen porque me pareceu interesante a zona e percorrela sen GPS ten seu mérito.
    Ata outra ocasión.

  • Foto de Moncho da Riba

    Moncho da Riba 11-sep-2017

    Ola, Suso. Veño de facer a ruta este fin de semana. Ó pasar a derivación do Foxo de Lobo (que non atopamos pola maleza), hai que coller a esquerda o sendeiro que leva o Bidueiral. Pois ben, recomendo buscar unha ruta alternativa pois o sendeiro está case cego e cheo de toxos, pásase pero con dificultade e a risco de picar as pernas. Supoño que un ano máis e xa está completamente pecho.
    En canto a zona dos petroglifos tamén está bastante abandonada,sen limpar e sen señalizar. E o cartel todo roto e tirado no chan.
    Un saúdo

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 12-sep-2017

    Moitísimas grazas por actualizar a información, Moncho.
    De momento deixo a ruta por se limpan os treitos con mato ou se pode aproveitar algo do recorrido.
    Saúdos de Suso.

Si quieres, puedes o esta ruta