Sé el primero en aplaudir
Vista 1581 veces, descargada 31 veces
preto de Samieira, Galicia (España)
Empezamos a ruta en Covelo. Aparcamos os coches nas inmediacións da cafetería "O lar de Alvariñas" e tomamos dirección a Pontevedra. A poucos metros cruzamos a carretera nacional, baixamos ó río por as escaleiras e descendemos hacia a praia de Covelo.
Seguimos o paseo por a costa ata a praia do Laño onde iniciamos a subida cara os muiños. Unha vez cruzada a carretera nacional hai que estar atento porque o camiño xira de repente á esquerda por o que parece ser un acceso a unha vivenda. Metémonos por ese camiño que nos levará ó río por entre a herba.
Facemos toda a ruta dos muíños e ó chegar ó Foxo das vacas, continuamos río arriba por un bonito sendeiro.
A partir de aqui a cousa cambia. Toca agora monte e pistas forestais con non demasiado encanto. Pronto chegaremos ó camiño de Santiago do Salnés e seguimos por él ata o Outeiro do Cribo.
Pasado o petróglifo collemos á dereita con dirección ó Clube de golf de Meis e seguimos ata a Escusa.
Continuamos o camiño para achegarnos à area recreativa do Castro e facemos un breve percorrido por o afamado bosque de secuollas. Retrocedemos un chisco para pasar por o refuxo dos cazadores e contemplar dende un mirador natural as expléndidas vistas da ría e da illa de Tambo.
Agora todo é baixada ata chegar á fervenza do Pereiro que, aínda que trae pouca auga, está espectacular. Para aforrar kilómetros, toca agora subir por un camiño empinado pero curto. Sorteamos como podemos unha carretera que aparece de súpeto e, a través de sendeiros vertixiinosos feitos para descensos de mountain bike, chegamos ó miradoiro do Campanario. Pouco máis adiante atopamos o miradoiro da Tartaruga.
De ali descendemos o treito que nos falta ata chegar ó campo de fútbol de Samieira. Dende este punto temos que aturar 900 metros de asfalto por o lugar de Samieira para chegar ó Lar de Alvariñas onde nos agarda unha cervexa con un pincho.
A ruta non está señalizada, por o que se fai necesario levar un track ou un mapa para non perderse na maraña de pistas. Tamén se pode acortar fàcilmente xirando arredor do Clube de Golf e evitando a baixada á Escusa co que se aforrarían un par de kilómetros.
Punto de información
Tomar esquerda
Ruinas
Muiño de cubo de abaixo
Punto de información
Muiño activo de Suárez
Muiño en funcionamento de Suárez
Punto de información
Foxo das vacas
Intersección
Camiño de Santiago do Salnés
Sitio arqueolóxico
Petroglifos do Outeiro do Cribo
Petroglifos do Outeiro do Cribo
Punto de información
Calzada
Punto de información
Curro da Escusa
Sitio relixioso
Capela da Escusa
Picnic
Area de recreo do Castro
Árbol
Bosque de secuollas
Fervenza
Fervenza do Pereiro
Panoramica
Miradouro do campanario
Panoramica
Miradoiro da tartaruga
Punto de información
Calzada
Comentarios