Sé el primero en aplaudir
Vista 473 veces, descargada 12 veces
preto de Coruxo, Galicia (España)
Iniciamos esta fermosa ruta en Fragoselo, no aparcadoiro existente no recinto que rodea a capela de San Sebastián.
Seguimos monte arriba por pistas forestais, observando como despois dos incendios do verán do 2017, os árbores empezan a dar sinais de vida outra vez, principalmente os eucaliptos. Pasamos pola fraga de Rodas, sen poder entrar onde figura un panel no inicio. Intentamos seguir pero está totalmente pechado o carreiro e se seguimos témolo que facer monte a través, preferimos continuar pola pista por onde viñamos.
O seguinte que nos atopamos e San Xosé de Chandebrito. Ao pé do seu Castro atópase o Bosque da Memoria, creado en recordo dos terribles incendios que arrasaron Galicia no 2017.
Cruzamos o pobo por diante da súa igrexa, paramos para ver os petróglifos da Chan do Rapadouro e continuamos a nosa andaina polas pistas forestais que nos levan ao alto da Bandeira, dende onde podemos observas unhas bonitas vistas panorámicas da Ría de Vigo, Illas Cies, Cabo Home e moitas máis.
O seguinte co que nos atopamos é o Parque Forestal de Saiáns, cruzámolo e continuamos ata o alto da Medoña. Está perfectamente sinalizado para percorrelo, observar as vistas dende o alto, os muíños, o castro, todo ben informado con paneis ao longo do percorrido.
Un pouco máis adiante desviámonos da ruta para xantar na Parrillada Asador O Cruceiro en San Miguel de Oia. Pola tarde, facemos o resto do percorrido pola Fraga de Gontade cos seus muíños, ata o inicio en Fragoselo.
Os dous quilómetros que temos ata o asador son por asfalto, algún que outro tramo tamén, non moito. O resto son pistas forestais, camiños e carreiros.
O tempo en movemento foi de 5 horas 56 minutos. A media, 3,8 quilómetros hora.
Waypoint
Alto Da Bandeira
Waypoint
Alto do Castro en Chandebrito
É sen dúbida, un dos castros que conserva aínda na actualidade, mellor a súa configuración primitiva, estando nunha situación xeográfica tan estratéxica, que é visible desde numerosos lugares dos vales Fragoso e Miñor. Áchase localizado este xacemento castrexo na parroquia de San Xosé de Chandebrito, no termo municipal de Nigrán, nunha altura coñecida como "O Castro", situada aos pés do pobo que lle dá nome. A súa altitude é de 376 m. sobre o nivel do mar, o que lle confire un tipo de emprazamento de montaña que poucos castros da zona posúeno, pois a maioría deles tanto do val Fragoso como do Miñor non pasan o 250 m. de altitude.
Waypoint
Bosque da Memoria en Chandebrito
Waypoint
Capela en Fragoselo
Waypoint
Carreiro pola sombra
Waypoint
Carteis no Bosque da Memoria en Chandebrito
San Xosé de Chandebrito é unha das sete parroquias do concello pontevedrés de Nigrán. Segundo o IGE, no 2015 tiña 495 habitantes (249 mulleres e 246 homes), distribuídos en catro entidades de poboación. É a menos poboada do concello e a segunda menos poboada das vinte e dúas do Val Miñor por detrás de Couso (Gondomar).
É rural e interior, e limita coas parroquias de Camos, Vincios (Gondomar), Coruxo e Valadares (Vigo)
Waypoint
Cruceiro no Castro
Waypoint
Foca de pedra no medio do monte
Waypoint
Fraga Cal de Outeiro
Waypoint
Fraga e muíños de Gontade
Waypoint
Igrexa de San Xoxé de Chandebrito
Waypoint
Igrexa San Miguel de Oia-Vigo
A análise estilístico dalgúns elementos da igrexa de San Miguel de Oia parecen situala no marco do barroco do século XVIII. Esta igrexa é un exemplo do modelo tradicional do rural galego. É de planta lonxitudinal sinxela, cunha soa nave cuberta a dúas augas. A fachada recolle a figura do santo nunha pequena hornacina e a característica espadana no remate.
Waypoint
INICIO en Fragoselo
Waypoint
muíños hidráulicos
Waypoint
muíños naviculares
Waypoint
Panel Alto da Medoña
Waypoint
parque forestal Saiáns
Buscas un lugar para descansar e reencontrarche coa natureza? Colle a liña 26 do bus urbano e vén a perderche non parque forestal de Saiáns, na costa sur de Vigo, xunto a unha fermosa praia natural e un conxunto etnográfico moi representativo de Vigo: ou Castro de Estea, dentro do propio parque, aos que se chega a través dun sendeiro fácil e moi ben sinalizado, nos que se atoparon restos arqueolóxicos mesmo dá Idade do Bronce.Ubicación: Saiáns
Superficie: 23.500m2
Servizos: fonte, miradoiro, teléfono, bar, restaurante, mesas, barbacoas e autobús
Acceso:Estrada de Pontevedra - Camposancos - Camiño de Outeiro - Pista Forestal
Estrada de Baiona (PO-552), fronte ao cruzamento de Canido, Camiño da Estomada
Liñas de autobús urbano: 26
Avituallamiento
Parrillada Asador O Cruceiro
Waypoint
Petróglifo da Chan do Rapadouro
Waypoint
Vistas fotográficas
Waypoint
Vistas panorámicas
Waypoint
Árbores queimados na zona de Chandebrito
Waypoint
Área lecer en Chandebrito
Comentarios