xan Duro
7 14 174

Tempo  35 minutos

Coordenadas 210

Fecha de subida 8 de octubre de 2017

Fecha de realización noviembre 2016

-
-
188 m
121 m
0
0,6
1,1
2,29 km

Vista 16 veces, descargada 1 veces

preto de Eijo, Galicia (España)

Muiños Sta Lucia - Castro de Vixoi
Encóntrase na parroquia de San Cristóbal do Eixo, por alí transcurre o camiño da Vía da Prata, e xusto nela comeza o camiño real de Piñeiro, unha antiga calzada romana na que se pode observar ademáis dunha ponte, unha fonte e un lavadoiro ós pes do camiño.

Situado ó lado da capela Santa Lucía e do río que recibe o seu nome, é de propiedade privada e actualmente está en desuso.

Continuando o paseo empedrado chegamos a un caminiño xunto o río que atravesa un prado e que sigue o transcurso do río, a uns 200m pódese observar unha pequena presa no río.

Unha pequena barreira de pedras, que tiña a finalidade de embalsar a auga no cauce para o seu aproveitamento no regadío mediante canalizacións de rego.

Camiñando algo máis de 250 metros entre os prados o lado do río, chegaremos a un antigo muíño abandoado, pero en bo estado, no que se pode apreciar como eran por dentro e su “moega” ou “caixón”, recipiente no que se depositaba o gran, e as pedras ou “moas” con as que se moía o gran. Tamén se observa unha canle por onde entraba a auga a gran velocidade.

Avanzando uns poucos metros chegamos a outro muíño tamén abandoado e en peor estado que o anterior, pero que nos permite observar cómo era por dentro, neste se observan únicamente as pedras ou “moas” que moían o gran. Continuamos ca ruta por un camino de terra que se adentra no bosque, bosque que pertence ó Coto de Vixoi e que no seu interior atópase un castro da idade de ferro, xa desde este punto observanse alguns restos da muralla.

Camiñando aproximadamente 230 metros xunto ó río e rodeados de robles, castaños, eucaliptos, musgo, líquenes e hongos, chegamos a unha ponte de pedra que nos leva a un muíño en bo estado, de propiedade privada e nel observáse un canle polo que transita a auga a gran velocidade. Seguindo o camiño hacia arriba pódense observar máis muíños que siguen o transcurso do río. Nesta ruta nos adentramos no bosque en busca do Castro do Coto de Cibrán.

Subimos por un camiño de terra entre robles e castaños ata a súa zona máis alta, bordeando o que antigamente foi a muralla defensiva do Castro do Coto, ó largo do camiño se poden observar alguns restos de esta. A uns 450 metros, chegamos á entrada ó castro, pola que avanzaremos e observaremos as murallas a diferentes niveis aproveitando a pendente da zona. Continuaremos polo camiño uns 150 metros e comenzaremos a descender entre as murallas.

Descendendo entre o antigo castro chegamos ó camiño de terra polo que accedimos ó bosque, e onde se ve o muíño do Fontao. Seguimos a ruta hacia a esquerda saíndo do bosque. A uns 450 metros chegamos á calzada de Santa Lucía e nos diriximos á Capela (punto de partida).

Finalizamos a ruta na capela de Santa Lucía, na que observamos o seu cruceiro que data de 1798, e que está realizado en granito, a súa cruz é de sección circular e presenta o Cristo crucificado no anverso e á virxe orando no reverso.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta