-
-
1.428 m
656 m
0
4,6
9,2
18,47 km

Vista 176 veces, descargada 2 veces

preto de Moal, Asturias (España)

O parque e unha reserva integral, controlada polo principado de Asturias.
Para entrar hai que pedir autorizacion o 15 de decembro de cada ano, valido para o ano seguinte; pero ollo porque hai un limite de aforo de 20 persoas diarias e en fin de seman ou pontes enchese moi rapido.
A entrada e por Tablizas, unica entrada do parque, onde hai unha casa ( a do garda) onde debemos enseñar os dni e logo dunha pequena charla comenzamos a andaina.
Hai duas rutas posibles que estan unidas entre si. A do rio, totalmente chan e do bosque, que vai gañando desnivel pouco a pouco ,camiñando pola ladeira da montaña, tendo todo o bosque de carballos, haixas e moitisimas arbores autoctonas mais a nosa vista.
Hai un punto en que se unen as duas rutas, polo que se pode facer circular, e decir comenzando pola subida do bosque (recomendado e logo baixar a par do rio Muniellos).
No punto de union das duas rutas hai un cartel que indica un desvio para as Lagoas, que son sobre 3 km ida e volta e paga a pena visitalas. A primeira chamase "La Isla" a segunda "Fonda" e a ultima "Grande". Hai unha cuarta pero e moi pequena e soe estar seca gran parte do ano.
Unha vez vistas volvese ata o punto de union dos dous camiños e retornase o punto inicial.
A reserva e unha marabilla sen igual, sin movimentos gandeiros, labregos, sen apenas actividade humana durante seculos, sen postes electricos, sen estradas ou camiños, sen casas, un lugar único.
Na reserva ademais viven numerosos osos pardos, varias familias de lobos, asi como unha das colonias de urogallos mais importantes de Europa, animal en gravisimo perigo de extincion.
De nivel medio de dificultade, se podes velo nom o dubides.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta