Tiempo en movimiento  38 minutos

Tempo  unha hora 12 minutos

Coordenadas 392

Fecha de subida 22 de agosto de 2019

Fecha de realización agosto 2019

-
-
610 m
546 m
0
0,6
1,1
2,2 km

Vista 17 veces, descargada 1 veces

preto de Pazos de Reis, Galicia (España)

No cumio do monte Aloia quedan restos á vista das murallas dunha antiga fortificación. O trazado da muralla de pedra pode ser percorrido en todo o seu perímetro (algo máis de 3 km). A fortificación componse de dous recintos: o superior, de maiores dimensións e outro, pegado a este polo norte, que ocupa unhas cotas inferiores. No seu conxunto, o recinto defensivo abrangue unhas 30 hectáreas de superficie. A muralla foi construída con grandes bloques de granito en seco, que lle dan un aspecto case ciclópeo. Por termo medio presenta unha anchura comprendida entre os 2,50 e os 3,50 metros, chegando a alcanzar os 3 metros de altura no treito mellor conservado.
Algúns estudosos chegaron a identificar esta fortaleza do Aloia co monte Medulio, citado polos historiadores romanos como o último reducto onde se defenderon os pobos do noroeste hispánico das tropas romanas, pero esta identificación carece de fundamento. (Fonte: Jaime Garrido Rodríguez, arquitecto e historiador)

Nesta ruta é moi recomendable visitar os catro miradoiros: o Celta, o do Castelo, o do enxeñeiro Areses e o da Oliva xa que as vistas panorámicas son espectaculares.

O tempo estimado para facer esta ruta e visitar os catro miradoiros é de unha hora e media.
Waypoint

Inicio

foto

Mirador Celta

foto

Miradoiro do Castelo

foto

Miradoiro do enxeñeiro Areses

foto

Miradoiro da Oliva

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta