Tempo  7 horas 28 minutos

Coordenadas 2262

Fecha de subida 4 de mayo de 2009

Fecha de realización mayo 2009

-
-
123 m
4 m
0
5,4
11
21,41 km

Vista 5872 veces, descargada 99 veces

preto de Portugalete, Galicia (España)

A rota parte do centro de Muros, pero podería comezar no lugar de San Francisco, xa que ata alí non hai moito de interese (a non ser o pequeno cruceiro de Santa Cruz), e hai tramos nos que resulta imposible evitar o asfalto. Rodeamos o Monte Louro, ata chegar ao Faro e xa dende aquí collemos un camiño que nos vai levar por toda a costa ata Lira, camiñando sempre co mar a nosa esquerda, ás veces por camiños e outras directamente pola area. Resulta difícil achegarse a Lagoa de Xalfas, xa que os camiños están pechados pola vexetación, pero merece a pena o intento para poder ver a beleza desta lagoa e a duna que a separa do mar. Continuamos pola Praia de Lariño ata o Faro e seguimos ata Lira. Neste tramo, aínda hoxe, atopamos abandonados os apeiros de traballo dos voluntarios que limparon praia a praia e rocha a rocha toda esta zona, e que a súa marcha ninguén se preocupou en recoller (o de rocha a rocha é verídico, nós estabamos alí). Yeyi

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta