ivreim
41 1 19

Tempo  6 horas 47 minutos

Coordenadas 1708

Fecha de subida 9 de febrero de 2011

Fecha de realización febrero 2011

-
-
447 m
2 m
0
6,2
12
24,98 km

Vista 2407 veces, descargada 40 veces

preto de Serres, Galicia (España)

Recomendación: mellor non facela no verán, porque trancorre principalmente por pistas de terra descubertas e podes ficar torrado polo sol.
As vistas da ria de Muros-Noia (por unha beira) e de Carnota ata Fisterre (pola outra beira) son espectaculares.
Vexetación: Eucaliptos, piñeiros, xestas e toxos.
Fauna: algún cabalo/egua e algunha vaca/touro. Por suposto, os cans de palleiro máis ou menos agresivos.
Hai bastantes fontes ben visibles durante o camiño. Pódese beber delas porque son de auga da traída.
Empregamos como base o camiño "Muros - Lariño - as Forcadas - Muros ( carreiros.es )", pero non fomos quen de cruzar o Rego de Lariño por onde nos marcaba (o paso estaba totalmente inaccesible por toxos e xestas). Así que buscamos e atopamos outro paso. Hai que ir un pouco a monte pero non é complicado chegar ao rego. O paso do rego é por pedras un pouco esvaradías, pero creo que pode estar operativo todo o ano: o rego non leva moita auga. No track están xa corrixidas todas as voltas que demos.
Fixemos o camiño no sentido das agullas do reloxio. A subida é moito máis suave e podes chegar perfectamente para comer no waypoint "Fonte e area recreativa", que ten unhas vistas fantásticas da praia de Carnota e de Fisterra no fondo. Merece a pena.
A baixa dende As forcadas ata Muros iníciase por un cortalumes, así que é bastante incómoda. Pero rapidamente se chega a un terreo máis chan e cómodo. Por isto tamén propoño facer o camiño no sentido das agullas do reloxio: se o fas en sentido contrario hai que subir polo cortalumes ata As forcadas no inicio mesmo da camiñada, e semella duro de máis.
Waypoint

Area recreativ

Waypoint

Canteira das Forcadas

Waypoint

Cruceiro Santa Cruz

Waypoint

Fin

Banco Español de Crédito
Waypoint

Fonte

Waypoint

Fonte da Lagarteira

Waypoint

Fonte da Silveira

Waypoint

Fonte e area recreativa

Waypoint

Fonte s. Pedro

Waypoint

Gándara

Waypoint

Inicio

Ac-550
Waypoint

Lariño

Waypoint

Muiño da Reitoral

Waypoint

Muiños dos Longarelos

Waypoint

Paso do Rego de Lariño

Rego de Lariño
Waypoint

Petroglifos I

Waypoint

Petroglifos II

Waypoint

Serres

Waypoint

Taxes

1 comentario

  • Foto de xrosas

    xrosas 11-feb-2011

    Grazas por actualizar a información.

    E como dicía un veciño de Lariño, estes anos as xestas é un milagre o que crecen... E claro os toxos tamén.

Si quieres, puedes o esta ruta