Sé el primero en aplaudir
Vista 5507 veces, descargada 79 veces
preto de Pardavedra, Galicia (España)
Esta ruta ten como meta acadar o punto cúmio do concello de A Bola, situado no Monte de San Cibrao, cunha altitude de 914 m.
Comezamos o percorrido na parroquia de Pardavedra, no lugar de Rañadoiro, donde veremos os antigos fornos de pan. Seguimos cara a Pardavedra, pasando polo seu cruceiro, casa reitoral e igrexa de Santiago e antes de chegar a O Pazo con súa eira de hórreos, atopámonos coa pequena capela de San Xosé, en estado ruinoso.
Deixamos atrás os lugares de Casanova e Vilar e en moderado ascenso chegamos ao cúmio do Monte San Cibrao. Aquí, ademais da súa área de lecer e impresionantes vistas panorámicas sobor de as Terras de Celanova, atoparémonos cun lugar de devoción desde tempos moi antigos, dados os diferentes vestixios prehistóricos atopados neste lugar: unha necrópole da idade de bronce, diversas mámoas e dolmens con seus ortostatos.
Hoxe en día aínda se mantén ese caracter espiritual e existe unha ermida adicada a San Cibrao á que acoden en romaría as xentes da comarca o derradeiro domingo de Agosto. Os fieis pasan aos nenos por debaixo do altar para previlos do mal do "tangaraño". Veremos tamén un cimeterio donde reposan os restos dun antigo ermitaño e o penedo do templo pagano.
Para baixar, podemos facelo polo mesmo camiño da subida ou ben, logo de atravesar unha carballeira, pasar por a aldea de San Pedro con súa capela e por unha antiga corredoira algo atrancada por xestas, chegar de novo entre carballeiras e soutos a Vilar, Casanova, O Pazo, Pardevedra, Barrio e, de novo no punto de arranque, en Rañadoiro.
Waypoint
ANTIGA ESCOLA NENOS
Waypoint
CAPELA SAN CIBRAO
Waypoint
CAPELA SAN PEDRO
Waypoint
MONTE SAN CIBRAO
R. Reboiro 21 may. 2011
Interesante o cumio deste concello cos dolmens e mámoas, a hermida e especialmente as vistas, desde onde se poden ver Celanova e Allariz. A destacar desta ruta, a parte do xa mencionado:
- A amabilidade da xente dos pobos, que nos explicaron canto preguntamos e cada un deles ademais nos ofreceu de beber, e incluso de xantar! Aínda que algún can solto non nos recibiu tan ben...
- Hai un tesouro de geocaching agochado.
- Polo camiño dous fermosos corzos saltaron xunto diante de nós, a menos de 5 metros.
Gracias unha vez máis por subir estas rutas, Jesussimon.
jesussimon 21 may. 2011
Alégrome moito que che gustara. Saúdos de Suso.