Tempo  4 horas 25 minutos

Coordenadas 2350

Fecha de subida 12 de noviembre de 2017

Fecha de realización noviembre 2017

-
-
809 m
421 m
0
3,4
6,8
13,52 km

Vista 148 veces, descargada 2 veces

preto de Parada de Laviote, Galicia (España)

Ruta por montes e vales do Irixo. Sae da aldea de Nogueiroá, que noutrora foi un núcleo ben poboado (chegou a ter máis de 60 veciños) e que hoxendía está tristemente case-baleira. Sobe logo bastante forte cara a serra, aínda que con bastante cobertura arbórea. Pasa polas aldeas de Cebral e Parada de Labiote, ambas tamén con fermosas casas coma a de Nogueiroá, pero coma ela tamén penosamente abandoadas. Contemplamos fermosas mostras de arquitectura popular, que nos falan dun pasado máis rico. Aínda perviven teitos de lousa.
Case todo o percorrido está ben limpo, pois descorre por pistas e camiños desbrozados. Nalgún punto hai algúns toxos e silvas, mais non impiden o paso.
Ideal para facer no outono, polas fermosas cores das árbores do país. Tamén pode ser moi interesante noutras estacións xa que está protexida dos ventos, por ir por vales, e do sol, pola arboreda.
Convido a paseala.
Feita seguindo a compartida por efeso55
https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17976060
Lugar onde rematará a ruta. Bo sitio tamén para comezala.
Pontella pouco usada -invadida pola vexetación- sobre o río do Testeiro.
Fin da ruta. Lugar ideal tamén para comezala. Chaman a atención varios elementos contrastantes mesturados: unha ermida edificada sobre o vello lavadoiro, fermosos cabaceiros en proceso de ruina, un cruceiro ben labrado e todo tapizado... de cemento.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta