Tempo  5 horas 47 minutos

Coordenadas 1154

Fecha de subida 12 de noviembre de 2015

Fecha de realización noviembre 2015

-
-
572 m
414 m
0
3,3
6,6
13,12 km

Vista 2504 veces, descargada 83 veces

preto de Allariz, Galicia (España)

Allariz ten a súa orixe na antiga Vila Alaricii, un asentamento suevo do século VI. No ano 1971 foi declarada Conxunto Histórico Artístico, contando cun casco urbano con numerosas casas fidalgas. Está atravesada polo río Arnoia, o máis longo da provincia de Ourense, que é un tributario do Miño.

O roteiro comeza a carón da oficina de turismo, xunto ao museo do curtido de coiro e segue augas enriba, pola esquerda, pasando pola ponte románica (séc. XII) de dous arcos de medio punto. Por sendeiro de pescadores, baixo un vizoso bosque de ribeira, acadamos o Ecoespazo O Rexo, con pinturas de Agustín Ibarrola.

Pasamos a outra beira do Arnoia por unha longa pontella de pedra e a sombra de carballos, por corredoiras, enfilamos cara a aldea de A Portela de Aira Vella. Seguen as frondosas carballeiras ata chegar a Vilariño, xa as portas do centro de Allariz. Aquí veremos interesantes casas de patín, o convento de Santa Clara (levantado no século XIII e reconstruido no XVIII), a igrexa barroca de San Bieito (séc. XVIII), a igrexa románica de San Pedro (finais do séc. XI) e, xa nas beiras do río Arnoia, o museo do curtido do coiro, punto de inicio da nosa andaina.

Ver más external

Lugar de Allariz as beiras do río Arnoia.
Fermoso concello da provincia de Ourense declarado Conxunto Histórico Artístico no ano 1971.
Bosque de carballos.
Bosque de carballos na aldea de A Portela de Aira Vella.
Sendeiro de pescadores polas beiras do río Arnoia.
Centro de Interpretación do ecoespacio O Rexo.
Cancela para o gando.
Cancelo para o gando.
Punto de inicio do noso percorrido, a carón da oficina de turismo de Allariz.
Convento no casco urbano de Allariz. Levantado no século XIII e reconstruido no XVIII.
Pequeño rego na aldea de A Portela.
Congostra.
Fonte de auga potable na aldea de A Portela de Aira Vella.
Hórreos na aldea de A Portela de Aira Vella.
Igrexa barroca (séc. XVIII) no Campo da Barreira, en Allariz.
Igrexa románica de finais do século XI, no centro de Allariz.
Muíño en ruinas na corga de Vilaboa.
Museo do curtido da pel, as beiras do río Arnoia en Allariz.
Escultura a festa do Boi, en Allariz.
Espazo natural con pinturas de Agustín Ibarrola.
Pasarela sobre o río Arnoia, en Allariz.
Pasarela sobre o río Arnoia, preto do museo do curtido de coiro.
Paseo nas beiras do río Arnoia, no centro de Allariz.
Pasos de pedra no río Arnoia.
Ponte sobre o río Arnoia.
Ponte sobre o Arnoia no lugar de A Acea.
Ponte románica sobre o río Arnoia, preto de centro de Allariz.
Pontella de pedra sobre o río Arnoia, no ecoespazo O Rexo.
Pasarela de madeira sobre o río Arnoia, preto do museo do curtido.
Pontella de pedra sobre a corga da Padela.
Pequena aldea do concello de Allariz.
Río que nace en Vilar de Barrio e desemboca no Miño logo de 84,5 Km de recorrido.
Represa no río Arnoia.
Presa no río Arnoia.
Represa no río Arnoia.
Lugar no concello de Allariz, moi preto do casco urbano.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta