-
-
408 m
348 m
0
2,2
4,5
8,98 km

Vista 483 veces, descargada 2 veces

preto de Puente, Galicia (España)

1 comentario

  • Xen_ 09-jun-2014

    O BOSQUE DE RIBEIRA NO RÍO MIÑO

    O Bosque de Ribeira. Os cauces dos ríos, así como os seus afluentes, soen estar colonizados por abundante vexetación de frondosas en formación de bosque de ribeira (asociación tipica galaico-asturiana ). Dito bosque de ribeira é un ecosistema con alto valor ecolóxico e ambiental debido ás múltiples funcións de conservación que realiza sobre o medio, tanto biótico (animais e vexetais que poboan as marxes dos ríos), como abiótico (factores físicos, químicos, etc.)

    Ao longo do noso percorrido destacan en primeira liña, dentro do estrato arbóreo do bosque de ribeira presente no río Miño :

    Ameneiro (Alnus glutinosa):
    -Árbore caducifolia que acada uns 20 m de altura. A súa lonxevidade é de 80 anos.
    -Ten un papel importantísimo como especie protectora do solo e creadora de illas de vexetación. En ocasións, atópanse practicamente sumerxidos no cauce dos ríos.
    -Con madeira lixeira e moi resistente á auga, utilizouse durante anos en obras hidráulicas.

    Bidueiro (Betula alba):
    -Árbore caducifolia que acada os 15-20 m de altura. A súa lonxevidade ronda os 130 anos.
    -Pode vivir en solos moi ácidos e pobres sempre que non sexan excesivamente filtrantes, e soporta o encharcamento estacional.
    -Moi decorativa pola súa cortiza branca que se desprende en tiras e o seu follaxe amarelo en outono.

    Salgueiro (Salix atrocinerea):
    -Arbusto ou árbore caducifolia que acada os 12 m de altura.
    É moi importante a súa función fixadora nas ribeiras e protectora frente as riadas.
    -O nome desta árbore ten unha orixe celta, das palabras sal (achegado) e lis (auga), facendo referencia aos lugares onde podemos atopalo, e dende a antigüidade atribuíronselle moitas virtudes máxicas e feiticeiras. Tamén son as pólas novas dos salgueiros as empregadas polos poceiros na búsqueda de augas.


Si quieres, puedes o esta ruta